Inicio Baixo Miño A Guarda Galicia e Portugal, hoxe máis que nunca, unidos de corazón no 25...

Galicia e Portugal, hoxe máis que nunca, unidos de corazón no 25 aniversario da eliminación das fronteiras europeas

tomino-e-cerveira-poderan-escoller-catro-proxectos-educacion-e-cultura-poner-marcha-na-segunda-edicion-do-orzamento-participativo-transfronteirizoO AECT Rio Minho destaca a relevancia dos territorios transfronteirizos ante a situación desencadenada pola pandemia do COVID19 e comprométese fortalecer a cooperación no territorio do Río Miño

En marzo de 1995 entraba en vigor o Tratado de Schengen, e nacía unha Europa sen fronteiras onde a libre circulación de persoas e mercadorías quedaba permitida. Precisamente cando se conmemoran 25 anos daquel feito histórico, vemos como a terrible expansión da pandemia do COVID19 obrigou aos diferentes estados da Unión Europea a tomar unha decisión sen precedentes, reconstruír as vellas fronteiras que dividiron os seus pobos durante séculos.

A situación excepcional na que nos atopamos pon de manifesto a importancia e a interrelación dos territorios transfronterizos como é o caso do Río Miño, o paso fronteirizo máis poboado entre España e Portugal e o máis transitado da península Ibérica, así como as enormes consecuencias que supón para estes enclaves a recuperación das vellas fronteiras.

Ademais do confinamento que vive toda a poboación, tanto galega como portuguesa, o territorio transfronteirizo do Río Miño está a sufrir un dobre golpe. Pechar as fronteiras é unha decisión que se toma dende os gobernos centrais de cada un dos estados, moitas veces ignorando a realidade e o día a día dos territorios transfronteirizos, onde a vida se desenvolve en común entre unha beira e outra do río, nomeadamente as restricións impostas aos traballadores e traballadoras transfronteirizos. Con todo, e no contexto actual, esta decisión revélase necesaria e oportuna en prol da seguridade e da saúde pública da poboación.

Este é un momento para a solidariedade e a cooperación entre Estados pero tamén para a responsabilidade cidadá. É necesario que polo ben de todos e todas fiquemos nas nosas casas ata que o perigo do contaxio estea superado.

Hoxe, máis que nunca, Galiza e Portugal están unidos de corazón para facer fronte a adversidade. Dende o AECT Rio Minho, queren transmitir que seguirán traballando por mellorar a calidade de vida das persoas que viven no territorio transfronteirizo e loitando por unha Europa dos pobos, sen fronteiras, unida e forte, onde as políticas de cooperación, saúde e benestar sexan sempre unha prioridade.

http://smartminho.eu/proxecto/

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies