Inicio Vigo e área Vigo O grupo de investigación “Novos Materiais” da Universidade de Vigo doa pantallas...

O grupo de investigación “Novos Materiais” da Universidade de Vigo doa pantallas reutilizables a varios centros

O grupo de investigación “Novos Materiais” da Universidade de Vigo doa pantallas reutilizables a varios centrosO grupo de investigación “Novos Materiais” da Universidade de Vigo, doou outro lote das súas pantallas reutilizables, desinfectadas e empaquetadas – fabricadas con impresoras 3D – “da mellor forma que nos permite a nosa infraestrutura.” “Esperemos que a nosa pequena pero rápida achega sexa de utilidade”

En total doáronse: 120 ao Hospital Alvaro Cunqueiro, 10 á Clínica Dental Romeo, 10 a axentes da Policia local e 8 ao Hospital Quirónsalud en Pontevedra.

O grupo de investigación “Novos Materiais” da Universidade de Vigo doa pantallas reutilizables a varios centrosStefano Chiussi, profesor da Universidade de Vigo, hace entrega das 10 pantallas protectoras que fabricaron con impresoras 3D al xerente de Clínica Dental Romeo, Oscar González

O GRUPO DE INVESTIGACIÓN ‘Novos Materiais’

O grupo de investigación “Novos Materiais” da Universidade de Vigo, despois de máis de trinta anos de investigación, configúrase como un equipo de traballo amplo, estable e activo no ámbito dos Novos Materiais e a Ciencia e Tecnoloxía de Superficies.

É un grupo multidisciplinar que foi recoñecido pola Xunta de Galicia como “Grupo de Excelencia”. Na última década, dedicaron os seus esforzos cara a liñas de investigación orientadas ao desenvolvemento de biomateriales, materiais ópticos quirales e ao procesamento de materiais mediante técnicas láser, sendo de aplicación en diversos ámbitos como: medicina, microelectrónica, fotovoltaica, patrimonio artístico, etc.

A maiores o grupo conta cunha liña de traballo transversal en Divulgación da Investigación e a Ciencia co fin de promover unha cultura científica na sociedade.

Para saber máis: https://newmaterials.webs.uvigo.es/

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies