spot_img
InicioVal MiñorNigránFundación Menela presenta a II edición do proxecto 'Xacobeo Autismo, un camiño...

Fundación Menela presenta a II edición do proxecto ‘Xacobeo Autismo, un camiño para todos”

Nigrán únese un ano máis ao proxecto 'Xacobeo Autismo, un camiño para todos" da fundación MenelaO obxectivo engadido é facer o Camiño accesible desde o punto de vista cognitivo e visibilizar o autismo, polo que colocarán pictogramas no Albergue do Pazo de Pías (A Ramallosa) e diferentes centros de saúde

A Fundación MENELA, a Xunta de Galicia (O teu Xacobeo) e o Concello de Nigrán presentaron en rolda de prensa, a segunda edición do proxecto ´Xacobeo Autismo. Un camiño de todos´, unha iniciativa promovida por Fundación Menela que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Nigrán.

No acto participaron a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández – Tapias quen valorou a proposta da Fundación Menela polo seu compromiso coa integración das persoas con autismo e a dinamización do Camiño Portugués pola Costa, e subliñou o éxito do programa de “O teu Xacobeo”, que tal e como expuxo “permítenos diversificar, entre moitos colectivos e a través de moitos pequenos actos, o impacto do Camiño e o valor deste Ano Santo, incorporando centos de propostas á programación do Xacobeo”.

Pola súa banda, o Alcalde de Nigrán explicou como “desde o Concello de Nigrán estamos encantados en colaborar con esta iniciativa á que xa nos sumamos en 2019 porque estamos plenamente concienciados coas necesidades especias das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo. Un Camiño accesible cognitivamente é tamén parte do noso programa ‘Un Nigrán para Todos’ non que participa a Fundación Menela, así que estamos moi orgullosos de que Nigrán sexa ou punto de partida nesta edición”, incide ou alcalde, Juan González, quen desde ou Concello outorgou unha subvención directa de 4.000 € para desenvolver este programa.

Autismo, Inclusión, Diversidade, Convivencia, Participación, Accesibilidade e Visibilidade son as palabras que, sen dúbida, mellor definen o proxecto, según o director xeral da Fundación Menela, Cipriano L. Jiménez Casas, quen tamén destaca os valores de esforzo e superación de cada unha das persoas que participa neste proxecto, así como o disfrute dunha experiencia compartida como a que se vive durante o Camiño.

A saída está prevista para o vindeiro 11 de maio desde Nigrán e estenderase ata o día 27, data na que finalizarán o percorrido en Pontevedra. O proxecto Xacobeo Autismo. Un Camiño de Todos, que contou cunha achega do Executivo autonómico de preto de 14.000 euros, invitará aos centros educativos, aos colectivos sociais e aos concellos nas localidades de paso do Camiño Portugués pola Costa a acompañalos de forma virtual. Asemade, contribuirán á accesibilidade cognitiva do Camiño Portugués da Costa mediante a sinalización dos espazos con pictogramas.

A través deste proxecto 20 persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) do Centro de adultos Castro Navás, acompañados de profesionais especializados, percorrerán o Camiño Portugués da Costa que enlaza as localidades de Nigrán a Pontevedra. O farán entre os días 11 e 27 de maio. Trátase dunha segunda edición que da continuidade ao proxecto iniciado en 2019, no que os rapaces e rapazas de Castro Navás fixeron o tramo desde a vila mariñeira de A Guarda ata Nigrán, e que quedou anulado en 2020 pola pandemia por mor da COVID.

A edición deste 2021 ven marcada pola crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, así como pola necesidade de manter as máximas medidas de seguridade e facer un Camiño Seguro, pero tamén pola ILUSIÓN dos profesionais e residentes do Centro Castro Navás para implicarse nunha actividade que cambia a rutina do día a día, e que deixa atrás longos períodos de restricións de contacto social vividos por todos eles.

O vindeiro martes 11 de maio os rapaces e rapazas de Castro Navás volven a converterse de novo en peregrinos, somerxéndose en seis etapas que transcorren desde as localidades de Nigrán e Pontevedra, pasando por Coruxo, Teis, Redondela e Arcade; unha experiencia que nos permite vivir o Camiño, achegarnos e gozar da riqueza de Galicia, e coñecer máis de preto a nosa cultura e patrimonio.

1 Etapa – 11 de maio: Nigrán – Coruxo

2 Etapa – 13 de maio: Coruxo – Vigo

3 Etapa – 18 de maio: Vigo – Teis

4 Etapa – 19 de maio: Teis – Redondela

5 Etapa – 25 de maio: Redondela – Arcade

6 Etapa – 26 de maio: Arcade- Pontevedra

Ao abeiro do programa desenvolveranse outras accións complementarias que o enriquecen e o enchen de valor. Convidaremos aos centros educativos a que nos acompañen de xeito virtual, con mensaxes de ánimos e compartindo información sobre o patrimonio que non podemos deixar de coñecer cando visitamos as súas localidades (CEIP Humberto Juanes, Colexio Apostol Santiago, CEE Saladino Cortizo, CEIP Reboreda, IES Montecelo); recoñeceremos o labor e dedicación dos profesionais fronte a crise sanitaria, especialmente á area sanitaria de Vigo, nun acto homenaxe que terá lugar este luns no Hospital Álvaro Cunqueiro, e ao Centro de Saúde Val Miñor, polo apoio recibido no Centro de adultos Castro Navás neste último ano, e contribuiremos a accesibilidade do Camiño Portugués da Costa mediante a sinalización de espazos (Albergues Ponte San Paio en Arcade e Albergue A Conserveira en Redondela e os Centros de Saúde de San Paio de Navia e Centro de Saúde de Teis) con pictogramas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.