spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaior'SaborEarte' pon en valor o patrimonio gastronómico de Soutomaior

‘SaborEarte’ pon en valor o patrimonio gastronómico de Soutomaior

'SaborEarte' pon en valor o patrimonio gastronómico de SoputomaiorOstras, ameixas e por suposto, os afamados viños da DO Rías Baixas Soutomaior foron os protagonistas do showcooking “saborEarte” levado a cabo no Castelo de Soutomaior, acto que contou coa presenza da Directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a Deputada de Cultura e Igualdade da Deputación de Pontevedra, Vitoria Alonso.

O evento, encadrado no programa “O Teu Xacobeo”, busca situar a gastronomía como elemento fundamental da promoción turística da variante portuguesa do roteiro Xacobeo. “Unha gran forma de promocionar todo o patrimonio gastronómico asociado ao Camiño de Santiago para convertelo nun elemento diferenciador máis”, explicou o alcalde de Soutomaior durante a súa intervención.

A xornada, dirixida a profesionais do sector hostaleiro, produtores locais e diversos bloggers gastronómicos, tiña como obxectivo promocionar os produtos propios e representativos de Soutomaior a través dun menú degustación de catro pratos no que non faltaron as recoiro, as ameixas, e o viño albariño. Os encargados foron os chefs Miguel Mosteiro, Rebeca Moares e o cociñeiro de Soutomaior, Fran Sotelino.

Todos os pratos foron fotografados por Adolfo Enríquez, promotor do proxecto e encargado de realizar as instantáneas que conformarán a exposición itinerante “saborEarte”, que percorrerá diversos puntos do Camiño Portugués durante o próximo mes de xuño.

- Publicidade -spot_img