spot_img
InicioBaixo MiñoO folclore de Xeorxia, Letonia, Kenia e México chega a Tui na...

O folclore de Xeorxia, Letonia, Kenia e México chega a Tui na ‘XVIII Noite Internacional do Miño’

folclore-xeorxia-letonia-kenia-e-mexico-chega-tui-na-xviii-noite-internacional-do-minoO próximo martes, 25 de xullo, ás 21.30h celebrarase no Parque do Laxal en Rebordáns a XVIII Noite Internacional do Miño.

Trátase dunha cita, plenamente consolidada, organizada pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui.  Este ano daranse cita neste evento grupos de Xeorxia, Letonia, Kenia e México amais dos propios organizadores pertencentes ao Centro Cultural San Fins de Rebordáns.

O público poderá disfrutar co folclore de Xeorxia da man do TSU Folk Dance Ensemble University. Esta agrupación foi fundada en 1996 por David Kikvadze. Ofrece tanto danzas individuais coma de parellas e grupos, nas que destacan a forza, axilidade e os movemento audaces. Mentres o grupo Folk Dance Ensemble Ritenitis de Letonia, creado en 1947, ofrecerá un repertorio no que inclúe danzas e xogos etnográficos de distintas rexións. Dende a capital de Kenia chega o Nairobi Dance Esemble que representa as tradicións dos distintos grupos étnicos recollendo as danzas tribais que representan o matrimonio, o nacemento, a colleita…  O cartel complétase coa Compañía Mexicana de Danza Folclórica cuxo espectáculo se caracterizan por reflectir as tradicións, a ledicia, a paixón, o misticismo e o orgullo do pobo mexicano.

 

- Publicidade -spot_img