Inicio Pontevedra Finalizou en Brasil o Campionato Intergaláctico con boas sensacións para o equipo...

Finalizou en Brasil o Campionato Intergaláctico con boas sensacións para o equipo español

Echegoyen e Betanzos foron quintas, os Alonso sextos e a Paz décimo quintos

Resultados nun puño con moi poucos puntos de diferenza na listaxe da regata carioca

Finalizou nas augas de Río de Janeiro o Campionato Intergaláctico que os membros do Equipo Olímpico da Real Federación Española de Vela das clases 49er Masculino e FX Feminino, levaban disputando desde o pasado martes.

Finalizou nas augas de Río de Janeiro o Campionato Intergaláctico que os membros do Equipo Olímpico da Real Federación Española de Vela das clases 49er Masculino e FX Feminino, levaban disputando desde o pasado martes.Boas sensacións, como declara Pepe Lis, adestrador de Támara Echegoyen e Berta Betanzos (Movistar) RCN Sanxenxo/RCM Santander, que a pesar de perder o liderado, ocuparon finalmente a quinta praza, cuns resultados moi apertados en puntos respecto dos seus máis directas rivais en competición. Non en balde, terminan a súa actuación carioca cun excelente quinto posto, o que as fai acredoras de estar no Top Ten mundial da especialidade do FX Feminino. Galega e cántabra rexistraron como saldo final 69 puntos, seis máis que o posto bronce e 17 que as vencedoras, que foron as danesas Jena Mai Hansen e Katja Salskou-Iversen.

En canto á participación masculina do 49er, os Alonso, Federico e Arturo (O Gaiteiro) do Real Club Astur de Regatas, quedaron coa sexta praza, o seu mellor resultado final en Brasil, tras a conclusión a semana pasada do Suramericano. Os Finalizou nas augas de Río de Janeiro o Campionato Intergaláctico que os membros do Equipo Olímpico da Real Federación Española de Vela das clases 49er Masculino e FX Feminino, levaban disputando desde o pasado martes.asturianos sumaron 102 puntos.

A Paz, Carlos e Antón (Deporte Galego-Dip. Pontevedra-Zhik-Cousin) do Liceo Casino de Vilagarcía, culminaron no décimo quinto lugar da táboa, con 138. Os neozelandeses Peter Burling e Blair Tuke, levaron esta cita con 19 puntos, demostrando un excelente estado de forma.

Nas próximas horas espérase o regreso do seleccionado español, tras cargar o colector de volta para Santander, a súa base operativa. A partir de aquí, un merecido descanso despois de estar tres longas semanas adestrando e competindo nos campos de regata destinados para os Xogos Olímpicos de Río 2016.

Finalizou nas augas de Río de Janeiro o Campionato Intergaláctico que os membros do Equipo Olímpico da Real Federación Española de Vela das clases 49er Masculino e FX Feminino, levaban disputando desde o pasado martes.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies