·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaVigoFinaliza no porto de Vigo a primeira fase de "Peiraos do solpor"...

Finaliza no porto de Vigo a primeira fase de “Peiraos do solpor” coa instalación de paneis divulgativos na dársena da Laxe

Finaliza a primeira fase de "Peiraos do solpor" coa instalación de paneis divulgativos na dársena da Laxe
Mostra da biodiversidade fixada ás estruturas artificiais

Durante o ano 2020 investigadores do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo participaron, da man da Autoridade Portuaria de Vigo, na primeira fase do proxecto Peiraos do Solpor, unha iniciativa que ten como finalidade recuperar e poñer en valor a biodiversidade mariña dos ecosistemas portuarios ao tempo que converte estas zonas nunha ferramenta de concienciación e goce para a cidadanía. 

Esta primeira etapa, denominada PuertAlMar, conclúe esta semana as súas actividades tanto científicas como divulgativas. De feito, este xoves presentáronse no Porto de Vigo unha serie de paneis divulgativos así como un balance da eficiencia das estruturas somerxibles para o asentamento de organismos mariños instaladas polos científicos do CIM-UVigo.

Finaliza a primeira fase de Peiraos do solpor coa instalación de paneis divulgativos na dársena da Laxe

Neste acto de peche estiveron presentes o presidente de la Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, xunto cos investigadores do Grupo de Ecoloxía Costeira do Centro de Investigación Mariña (CIM-UVigo) Jesús Troncoso, Mariano Lastra e Jesús López, entre outros, así como unha representante da Asociación Cultural e Deportiva do Porto.

187 especies colonizaron os arrecifes artificiais

Co fin do proxecto PuertAlMar, Promoción da recuperación de áreas alteradas en contornas marítimo-portuarias e os seus beneficios para o desenvolvemento de actividades pesqueiras: sensibilización e divulgación, conclúe a primeira fase da iniciativa da Autoridade Portuaria de Vigo Peiraos do Solpor, que foi galardoada co Óscar ao Medioambiente. Durante a súa execución, o equipo de investigadores da UVigo deseñou e instalou diversas estruturas para facilitar a restauración de zonas litorais afectadas polas infraestruturas portuarias. A monitoraxe realizada durante os 12 meses posteriores á instalación destes “arrecifes submarinos artificiais para o asentamento de organismos”, como explica o catedrático Souza Troncoso, permitiu constatar que se fixaron a eles 187 especies, o que se traduce nunha captura de CO2 superior a 6 Kg por metro cadrado.

A divulgación, a outra pata do proxecto

Financiado pola Fundación Biodiversidad a través del Programa Pleamar, o proxecto PuertAlMar ten, ademais da compoñente científica, unha vertente divulgativa moi destacada. Durante esta parte da campaña, desenvolvida nas últimas semanas, déronse a coñecer os resultados do proxecto a través de diferentes actividades, facendo fincapé na importancia dos ecosistemas mariños portuarios, a integración das actividades industriais, así como a necesidade de conservar e recuperar ecosistemas costeiros alterados. Para isto tiveron lugar xornadas tanto con profesionais do sector, como con escolares e coa cidadanía en xeral.

O obxectivo, ademais de divulgar e perseguir unha maior concienciación ambiental na sociedade, era buscar sinerxías que potenciasen actuacións para favorezan a conservación da natureza. Para iso, a Autoridade Portuaria de Vigo, coa colaboración da Autoridade Portuaria de Melilla e a Universidade de Vigo, impartiron varios talleres en liña con preto de 400 escolares e 50 profesionais do sector da economía azul.

Outra das iniciativas divulgativas postas en marcha consiste na instalación dos paneis interpretativos presentados este xoves, localizados na dársena da Laxe e nos que a cidadanía poderá observar a colonización e sucesión ecolóxica do litoral portuario. Os carteis están dotados con códigos QR para acceder ao contido multimedia.

Finalmente, a derradeira das actividades de PuertAlMar terá lugar mañá, cunha visita organizada pola Autoridade Portuaria de Vigo coa colaboración da Universidade de Vigo e da Asociación Cultural e Deportiva do Porto á zona na que están instadas as estruturas submarinas e os paneis. O percorrido ten como finalidade dar a coñecer aos traballadores da terminal olívica e ás súas familias en que consisten estes peiraos e, para facelo, contarán cun drone subacuático que permitirá aos asistentes mergullarse nestes xardíns mariños xerados a partir das estruturas artificiais somerxidas polos investigadores do CIM-UVigo.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies