·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorNigránO Día das Letras Galegas celebrarase todo o mes de maio en...

O Día das Letras Galegas celebrarase todo o mes de maio en Nigrán

O Día das Letras Galegas celebrarase todo o mes de maio en NigránAo longo de todo o mes o Concello ofrecerá varios concertos, cine na rúa, proxección de curtas ou a presentación do derradeiro libro de Carlos Méixome

O Concello de Nigrán abrirá este sábado co concerto da pianista Brenda Vidal (Auditorio Municipal, 20:00 horas) a súa programación especial de Maio, o mes das Letras Galegas. A actividade sociocultural destas catro semanas será intensa e variada adaptándose á realidade sanitaria de cada momento, continuando o sábado 8 cun concerto de voz e piano en homenaxe ás vítimas de Covid-19 a cargo da mezzosoprano Nuria Lorenzo e o pianista Alejo Amoedo.

O sábado 15 estará adicado íntegramente a Xela Arias cunha charla e concerto de ‘Xardín Desordenado’ e o luns 17 o Concello celebrará a tradiocional Festa da Bicicleta cun percorrido polo litoral do municipio

Unha selección de curtas do Festival Internacional de Curtamextraxes de Bueu (13), a presentación do derradeiro libro de Carlos Méixome ‘Cartas na Memoria. A persecución franquista no Val de Miñor’ (14), cine na rúa en Chandebrito con ‘A Esmorga’ (22) ou o concerto de ‘Cromosóns’ (29) completan esta programación na que se rendirá homenaxe a Xela Arias o día 15 cunha charla-coloquio e o concerto especial de ‘Xardín desordenado’. A tradicional ‘Festa da Bicicleta’ do día 17 de Maio tamén se celebrará cunha marcha polo litoral do municipio (Panxón-Lourido, ida e volta).

“É unha programación moi diversa, adaptada a todos os gustos e na que, como é tradicional, adicamos unha xornada á persoa homenaxeada pola Real Academia Galega cada ano, neste caso Xela Arias. Ademais, mantemos a celebración da tradicional Festa da Bicicleta cunha pequena marcha  polo litoral entre os veciños que desexen participar, sendo ao aire libre e mantendo as normas consideramos que é unha actividade segura e saudable”, indicou o alcalde, Juan González.

Concerto de Brenda Vidal

A pianista Brenda Vidal, directora do Conservatorio de Música de Gondomar, ofrecerá un concerto con pezas de Bach, Mozard, Chopin, Prokofiev e Eduardo Soutullo.  Cun currículo extensísimo, Vidal participa a cotiá en numerosas agrupacións orquestais e camerísticas, como a Orquestra Sinfónica Vigo 430, Orquesta Sinfónica do Algarve, Orquesta Filarmónica Ciudad de Pontevedra, Orquesta Clásica de Vigo, Banda Municipal de Pontevedra, etc. É membro fundador da formación lusa Quarteto Contratempus, adicado á opera de cámara contemporánea, e ten actuado en grandes salas e auditorios de toda Europa. O programa do concerto en Nigrán e o seu C.V. está a disposición dos interesados na páxina web do Concello (Portada -‘Próximos Eventos’).

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies