spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán súmase ao Día Internacional do Jazz convocando o 'Concurso de Carteis...

Nigrán súmase ao Día Internacional do Jazz convocando o ‘Concurso de Carteis Quin Albores’

O xurado do concurso de carteis 'Quin Alborés' elixe a imaxe do deseñador gráfico Leonardo Abate para difundir o Nigranjazz 2019
Nigrán Jazz 2019

O prazo para participar no certame, dotado con 500 euros e que representará a imaxe da edición 2021, permanece aberto do luns 3 de maio ao luns 7 de xuño

O Concello de Nigrán súmase a celebración este venres ao Día Internacional do Jazz convocando un ano máis o xa tradicional concurso de carteis ‘Quin Alborés’, dotado con 500 euros á proposta gañadora, e que ten como obxectivo difundir a imaxe do Nigranjazz neste XV aniversario. O prazo de presentación de propostas comeza este luns 3 de Maio e remata o venres o 7 de Xuño de 2021. As bases para participar poden consultarse na web do Concello ou na propia Casa Consistorial. O certame rende homenaxe desde o ano 2010 ao falecido artista nigranés Quin Alborés, gran amante do xénero e quen impulsou o festival desde o seu comezo deseñando os tres primeiros carteis.

Como en cada edición, o concurso está aberto a persoas físicas maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas (individualmente) un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e cunha estética relativa ao mundo do jazz. Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2 (594 x 420 mm.) e deben ser anónimos de acordo co previsto nas bases, puidendo enviarse por correo electrónico, por Rexistro ou Correos seguindo as indicacións facilitadas nas devanditas bases.

Bases Concurso de Carteis Quin Albores Nigrán

“Non podemos obviar que esta crise afecta en sobremaneira a este sector cultural ao cancelarse case todos os eventos desde hai xa máis dun ano, por iso somos os primeiros en apoialo mantendo o festival e ofrecendo o noso espazo fundamentalmente para os músicos galegos”, explica o alcalde, Juan González, quen incide no Día Internacional do Jazz sobre as virtudes desta música internacional “como ferramenta educativa e como motor para a paz, a unidade, o diálogo e o reforzo da cooperación entre pobos”.

Nigrán súmase ao Día Internacional do Jazz convocando o 'Concurso de Carteis Quin Albores'

- Publicidade -spot_img