spot_img
InicioBaixo MiñoXornada de Portas Abertas nos muíños do Tripes, unha oportunidade para coñecer...

Xornada de Portas Abertas nos muíños do Tripes, unha oportunidade para coñecer este conxunto etnográfico de gran valor

Xornada de Portas Abertas nos muíños do Tripes, unha oportunidade para coñecer este conxunto etnográfico de gran valor
Como viña sendo habitual nos últimos anos, o 1 de maio celebraríase a tradicional romaría “Os nosos fariñeiros. Burros e muíños” que organiza a Asociación Muiñeiros do Río Tripes en Tui. Este ano propón unha Xornada de Portas Abertas nos muíños do Tripes, unha oportunidade para coñecer este conxunto etnográfico de gran valor
Debida a situación de pandemia que estamos a sufrir non poderá ter lugar o evento, tal e como xa ocorreu o ano pasado, pero aínda así, a asociación non quere deixar de conmemorar esta data e continuar coa súa labor de difusión do patrimonio da cultura muiñeira.
 
Tralo éxito das xornadas de portas abertas que realizaron na pasada semana santa, vólvense a abrir os muíños a todo o que queira acercarse a coñecer este fermoso entorno, onde a natureza e a etnografía conforman un conxunto singular de elevado valor paisaxístico e cultural.
 
Sempre mantendo as medidas sanitarias oportunas e estipulando unha capacidade máxima para os interiores dos muíños de dúas persoas, os membros da asociación transmitirán ao visitante as peculiaridades destas construcións, da súa historia e da vida das xentes que as fixeron posibles.
 
Os muíños estarán abertos o sábado día 1 e o domingo 2 de maio,
en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.