spot_img
InicioBaixo MiñoFin de semana de ciclismo no Baixo Miño coa celebración do Campionato...

Fin de semana de ciclismo no Baixo Miño coa celebración do Campionato de Galicia Máster 2017

fin-semana-ciclismo-no-baixo-mino-coa-celebracion-do-campionato-galicia-master-2017Máis de 160 deportistas participarán nesta proba con saída e chegada no paseo da Corredoira de Tui, e que percorrerá parte da comarca do Baixo Miño

Este domingo, 30 de xullo, a cidade de Tui acollerá o Campionato de Galicia Máster de Ciclismo, unha importante cita organizada pola Federación Galega de Ciclismo e o Club Ciclista de la Fuente coa colaboración do Concello de Tui. O paseo da Corredoira será o lugar onde dará comezo a proba, con saída ás 10.30h. Despois dun percorrido con paso por zonas de Tomiño e O Rosal prevese que os participantes volvan a Tui para cruzar a meta sobre as 12.45h.

Esta mañá o salón de plenos do Concello de Tui acollía a presentación desta importante cita deportiva. No acto participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, o presidente e secretario do Club Ciclista de la Fuente, e Dean Flecher e Xabier Martínez, respectivamente, e o responsable técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande.

Laureano Alonso quixo resaltar a relevancia que ten un evento destas características para Tui, así como a importancia de promover as actividades deportivas entre a sociedade. Dean Flecher, presidente do Club Ciclista de la Fuente, agradeceu a confianza da Federación Galega e a colaboración do Concello de Tui, amais de explicar que o número de participantes rondará os 160. O seu secretario, Xavier Martínez, completou a información explicando a ruta que seguirán os ciclistas de Máster 50 e Master 60, así como o percorrido algo máis longo que deberán facer os competidores de Máster 30 e Máster 40. Pola súa banda, Guillermo Sande, en nome da Federación Galega de Ciclismo, resaltou o bo labor do Club Ciclista de la Fuente e a idoneidade do percorrido deseñado. Enrique Cabaleiro, alcade de Tui, foi o encargado de pechar a presentación agradecendo o traballo das dúas organizacións e desexando un gran éxito de participación.

 

- Publicidade -spot_img