Inicio Vigo e área O Porriño Festas do Cristo 2020. O Porriño programa unhas festas "Diferentes e seguras"

Festas do Cristo 2020. O Porriño programa unhas festas “Diferentes e seguras”

Festas do Cristo 2020. O Porriño programa unhas festas "Diferentes e seguras"O Porriño vai ter Festas do Cristo neste 2020 “pero serán completamente diferentes cun formato reducido pola obriga de observar os protocolos anti-covid e de coidar da nosa seguridade”, manifestou Eva García de la Torre coa ocasión da presentación do programa de festas.

No acto de presentación celebrado na praza Arquitecto Antonio Palacios, diante da Casa do Concello, Eva García avogou por “un comportamento responsable da veciñanza porriñesa á hora de gozar destas Festas do Cristo”. “Entendo que os nosos veciños e veciñas van seguir sendo exemplares nos coidados e nas medidas de seguridade e protección”, manifestou.

Cami Moreira, concelleira de Cultura, responsable da organización destas Festas indicou que “neste ano, todas as actuacións serán en recintos reducidos, con aforos limitados e cadeiras”. A concelleira subliñou que entre as novidades desta edición “un auto cine que habilitaremos no aparcadoiro Karting, en Torneiros, fronte a “Maderas Iglesias”, onde proxectaremos as curtas gañadoras no recente Festival de Cans”, indicou Cami Moreira. Para manter o control e a seguridade, as persoas que desexen acudir cos seus vehículos deberán inscribirse previamente a través do enderezo electrónico cultura@oporrino.org

Nesta edición das Festas do Cristo sí haberá Festa dos Callos que terá lugar o domingo 4 de outubro con animación de rúa a cargo da “Agrupación Feixoada”. Será a edición número 27 “aínda que coas limitacións esixibles polos protocolos anti-Covid e centrada nos establecementos da hostalaría local”, segundo explicou Moreira Fontán.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies