spot_img
InicioVigo e áreaMos#FestadaRosa - A Xuntanza de Palilleiras de Mos celebra este ano a...

#FestadaRosa – A Xuntanza de Palilleiras de Mos celebra este ano a súa primeira edición virtual e a máis internacional

#FestadaRosa - A Xuntanza de Palilleiras de Mos celebra este ano a súa primeira edición virtual e a máis internacionalA Xuntanza de Palilleiras de Mos da Festa da Rosa celebra este ano a súa primeira edición virtual que é tamén a máis internacional

Continúa a celebración da Festa da Rosa 2020, este ano en formato dixital. E dentro do programa virtual de actos festivos non podía faltar a tradicional e emblemática Xuntanza de Palilleir@s de Mos que este ano cumpriría a sía XIII Edición presencial e, ao non  poder ser así, celebrarase a I Xuntanza Virtual de Palilleir@s e Labores de Mos.

Cada ano reúnense nesta xuntanza en Costoias unha media de medio milleiro de palilleiras e palilleiros chegados de toda Galicia, de diferentes puntos da xeografía nacional e do país veciño, Portugal.

Este 2020 será a edición máis internacional coa participación de palilleiros e palilleiras de países como Portugal, Italia, Bulgaria e Arxentina; ademais de España, por suposto. Nesta ocasión a participación será virtual a través da Páxina de Facebook Palilleiras de Mos @mospalilleiras. E terá lugar o vindeiro sábado 20 de xuño a partir das 11.00 horas da mañá.

Participarán palilleiros e palilleiras de países como Portugal, Italia, Bulgaria e Arxentina

Despois da de Camariñas, esta xuntanza é a única destas características de toda Galicia e por suposto de toda a provincia de Pontevedra.

Desde o pasado 31 de maio a Asociación de Palilleir@s de Mos (organizadora do evento), que preside Montserrat Pereira Troitiño, leva preparando esta Xuntanza Virtual que se atopa agora en fase de ensaios xerais dos desfiles que o sábado poderán visualizarse sobre unha espectacular alfombra vermella no habitual enclave de Costoias.

A presidenta Montse Pereira declaraba a este respecto que “o vindeiro sábado en Costoias disfrutaremos de moitos vídeos, ilusión e moda… e non queremos que os espectadores se perdan nada desta I Xuntanza Virtual Palilleiras e Labores de Mos. Ademais quixemos nesta ocasión que o ánimo…a ilusión…o encaixe…e a cultura…non decaíran a pesares da crise sanitaria do Covid 19”.

#FestadaRosa - A Xuntanza de Palilleiras de Mos celebra este ano a súa primeira edición virtual e a máis internacional

O programa de actos a desenvolver virtualmente ao longo de toda a xornada do vindeiro sábado será:

11.00 horas – Vídeos de benvida ao Concello de Mos, e d@s palilleir@s, asociacións e amig@s galegos e do resto de España.

12.30 horas – Vídeo Tutorial “Capricho de Bolillos” de Elena Pérez coa colaboración de Aurora Ramos.

13.00 horas – Saúdan as institucións: a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro.

13.30 horas – PalillaMos desde casa. (Vídeos de palilleiros e palilleiras de Mos palillando desde os seus fogares).

14.00 horas – Tempo para comer.

16.00 horas – PalillaMos desde casa. (Vídeos de palilleiros e palilleiras de Mos palillando desde os seus fogares).

16.15 horas – Homenaxe á Palilleira de Mos de máis idade.

16.30 horas – Disfrutamos de Encaixes Internacionais.

17.30 horas – Exposición “Camiño do Enacixe” Ana Rosa Lista. Ames Galicia.

18.00 horas – Desfiles:
* DesfilaMos
*”Esmorga do Fío” a cargo de Xelís Luaces. Muxía.

19.30 horas – PalillaMos desde casa. (Vídeos de palilleiros e palilleiras de Mos palillando desde os seus fogares). En total participarán un total de 35 palilleiros e palilleiras mosenses ao longo do día.

20.00 horas – Clausura da I Xuntanza Virtual de Palilleiras e Labores de Mos, un día de bolillos en formato virtual.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.