spot_img
InicioVal MiñorNigránFesta do Rugby Praia en Nigrán

Festa do Rugby Praia en Nigrán

festa-do-rugby-praia-en-nigran

O pasado sábado día 30 de tivo lugar en Praia Ameríca (Nigrán), o III Torneo de Rugby Praia organizado polo club Melgachos Vellos Rugbiers, co apoio do Concello de Nigrán.

Este evento congregou a case 150 xogadores de categorías senior, masculino e feminino e veteranos, chegados de distintos puntos de Galicia e por suposto de Vigo, onde este deporte consolidouse a un gran nivel grazas ao labor do Vigo Rugby,

A xornada presentouse menos calorosa que os días precedentes pero asollada, o que fixo que fose un día perfecto para que os xogadores gozasen tanto no terreo de xogo como do día de praia.

En cada categoría disputouse unha liguiña para determinar os dous equipos que xogarían a final. Debido ao elevado número de equipos, os partidos, de 10 minutos de duración, celebráronse case sen solución de continuidade, desde as 11 da mañá ata as 6 da tarde, obrigando a todo o equipo organizador a un esforzo importante para cumprir o horario establecido e aos xogadores a un despregamento físico para aguantar os 6 partidos de media nunha area branda moi esixente. A pesar de que os 5 xogadores de campo pódense cambiar constantemente, o ritmo de xogo, case sen paradas, e o contacto físico que leva este deporte, fai que o desgaste sexa enorme, mais iso non impediu que en cada partido anotásense un bo número de ensaios.

Dunha a dúas, mentres os participantes recuperábanse para a xornada da tarde, os máis pequenos ocuparon o terreo de xogo e varios xogadores de Melgachos, ofreceron un mini campus de iniciación ao rugby a nenos e nenas que se atopaban na praia coas súas familias. Para eles foi toda unha experiencia sentir o balón ovalado nas súas mans e correr para tratar de esquivar aos contrarios dentro dunha cancha que tiña mesmo os tradicionais ‘paus’ de rugby.

A partir das 6 celebráronse as finais: a de veteranos entre os ‘Ingleses’ de Villagarcía e ‘Mareantes’ de Pontevedra; a de senior feminino entre o equipo de Danaidas e o de Vigotudas e a de senior masculino entre ‘Manzanitas’ e ‘Camelias’, todos eles de Vigo.

Tras os duros enfrontamentos os campións de cada categoría foron:

Veteranos : Ingleses
Senior Feminino : Danaidas
Senior Masculino : Manzanitas Rugby Beach

Tamén se fixo entrega dunha culler de madeira para o único equipo que non gañou un partido, que foi para o Melgachos Mostaza de veteranos.

Por suposto tras a entrega de trofeos non falto o tradicional ‘terceiro tempo’, no que o equipo anfitrión MELGACHOS, convidou á rolda de cervexa a todos os participantes.

- Publicidade -spot_img