spot_img
InicioVigo e áreaVigoFesta da Reconquista de Vigo

Festa da Reconquista de Vigo

O barrio histórico volve ao século XIX no mes de marzo: é a festa da Reconquista, a conmemoración máis emblemática de Vigo que este ano se celebrará durante dous fins de semana.

O 28 de marzo de 1809, un alzamento popular logrou expulsar aos franceses e converteu a Vigo na primeira localidade de Europa que logrou expulsar ao exército de Napoléon dunha praza conquistada. Tivo a súa recompensa: un ano despois, Fernando VII outorgou a Vigo o título de cidade “fiel, leal e valerosa”.

Agora, cada 28 de marzo, Vigo celebra a súa Reconquista: a súa zona histórica convértese nun inmenso mercado do século XIX ao aire libre, no que en calquera esquina atópasche loitando aos franceses contra os vigueses. Xente caracterizada de soldados, pescadores e campesiños, as rúas engalanadas de época…É como unha viaxe ao pasado.

Os mercadores locais venderanche riquísimos manxares, desde nécoras e mexillóns a empanadas ou churrasco, acompañados de viños da terra e licores tradicionais. Esta gran festa de Vigo continúa até ben avanzada a noite, cun ambiente rueiro inmellorable.

E se tras a Reconquista aínda te quedas con ganas de festa en Vigo, o seguinte fin de semana Bouzas celebra a Brincadeira, que rememora a expulsión dos franceses da antiga vila mariñeira.

Pistas e recomendacións:

A Reconquista é a festa máis importante de Vigo, a máis querida polos vigueses e unha ocasión única de programar unha escapada a Vigo na primavera. Celébrase sempre o fin de semana máis próximo ao 28 de marzo (este ano fins de semana do 21-22 e 28-29) e o máis espectacular son as representacións teatrais na rúa, que recrean as escaramuzas entre franceses e vigueses. O momento álxido: O episodio na rúa Gamboa, en que se simula a derriba da porta da vila.

- Publicidade -spot_img