spot_img
InicioVigo e áreaRedondela"A Esmorga" chega a Redondela

“A Esmorga” chega a Redondela

"A Esmorga"-Redondela-Vía Láctea Filmes-Karra Elejalde-Antonio-Durán-Morris-Miguel de LiraA Concellaría de Cultura, en colaboración coa produtora Vía Láctea Filmes, achega ao auditorio da Xunqueira proxeccións do filme A ESMORGA.

O filme dirixido por Ignacio Vilar, foi candidato aos premios Goya do cine español 2014, na categoría de mellor guión adaptado (da autoría de Ignacio Vilar e Carlos Asorey); é a primeira longametraxe rodada en galego que consegue unha nominación a este prestixioso galardón. Ademais obtivo dezaseis candidaturas aos premios do audiovisual galego, que se entregarán na Coruña o 11 de abril.

A película está baseada na novela homónima de Eduardo Blanco-Amor, e os seus principais protagonistas son Karra Elejalde, Antonio Durán “Morris” e Miguel de Lira.

É unha produción galega, gravada orixinalmente en lingua galega, que comezou a distribuírse en salas comerciais con 18 copias, e que seguía nas carteleiras oito semanas despois da estrea. Foi a mellor estrea de 2014 en España entre os filmes con menos de 100 copias e a segunda película con maior recadación media en toda España na fin de semana da súa estrea.

O fío do filme desenvolve unha “crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición”.

Programación:
sábado 28 de marzo: ás 19.00 e 21.00 h
domingo 29 de marzo: ás 19.00 h

sábado 4 de abril: ás 19.00 e 21.00 h
domingo 5 de abril: ás 19.00 h

As proxeccións realizaranse no auditorio da Xunqueira e a entrada ten un custo de 5 €.

- Publicidade -spot_img