O Concello de Soutomaior presentou esta mañá a XXIX Festa dá Ostra, que se celebrará o primeiro fin de semana de abril en Arcade.
A gran cita culinaria de Soutomaior reúne tradicionalmente uns 30.000 asistentes que consomen ao redor de 100.000 exemplares do prezado molusco, cifras que o Concello espera superar o próximo fin de semana grazas ao bo tempo previsto. A novidade da edición deste ano será o espectáculo gastronómico, “Show Cooking”, que da man de tres recoñecidos cociñeiros, ofrecerá formas novas e orixinais de presentar a ostra.
Declarada Festa de Interese Turístico no ano 2002, a Festa dá Ostra de Arcade supón unha das citas gastronómicas do ano en Galicia e recibe miles de visitantes de toda España. Do mesmo xeito que o ano pasado, para maior comodidade, tanto dos asistentes como dos encargados dos postos, a festa instalarase no novo aparcadoiro da zona portuaria, non moi lonxe da súa tradicional localización.
Do mesmo xeito, tamén se manteñen os prezos das racións de recoiro e as botellas de viño. A ducia de moluscos, ao natural ou en escabeche, mantense en 5 euros mentres que as botellas de albariño custarán 8 euros e 4 euros as de ribeiro. Tamén se poderán adquirir racións de empanada por 5 euros.
A concelleira de Turismo , Dolores Cernadas, expresou o gran esforzo realizado por parte do consistorio local neste sentido. “O máis importante é que todo o mundo poida participar na celebración. Somos conscientes da actual situación económica e non queriamos que fose inconveniente para que todos os veciños poidan participar. Pola nosa banda non cabe dúbida de que nos esforzamos ao máximo para conter os prezos“, manifestou a edil.
Durante a presentación, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou a importancia desta festa para o Concello e en xeral para todo a comarca. “Desde o punto de vista turístico, e gastronómico, esta festa dálle a Arcade unha proxección internacional incalculable. Grazas a ela tamén podemos dar a coñecer outros dos nosos grandes puntos de interese turístico como o Castelo ou o noso patrimonio histórico e natural”.
A celebración comezará o sábado 4, ás 12:00 horas, coa apertura das casetas de venda de recoiro no recinto da festa. A esa mesma hora a charanga “RiasBaixas” encargarase de contaxiar o espírito festivo entre os veciños cos seus pasacalles polas principais avenidas de Arcade.
Ao redor da úna do mediodía dará comezo una das novidades deste ano, un Show Cooking. Os cociñeiros Alejandro Igrexas, Rocío Garrido e o natural de Soutomaior, Fran Sotelino, imparten este taller-espectáculo no que guiarán ao público de como presentar a ostra de formas orixinais e diferentes ás receitas tradicionais.
A partir do cinco da tarde a XXIX Festa da Ostra de Arcade chegará a todos os recunchos de Galicia de man do programa da TVG, “Aquí Galicia“, que retransmitirá en directo as actuacións das Abeleiras de Alxán e o Grupo Folclórico Soutomaior.
Ás 22:00 horas, a música das orquestras “Olympus” e “Capitol” amenizará a velada aos asistentes ao recinto portuario. No mesmo lugar no que a medianoite se celebrará a clásica tirada de fogos artificiais que pecha a primeira xornada dos festexos.
O domingo 5, día grande dos festexos, as casetas de venda de recoiro abrirán as súas portas dúas horas antes, ao dez da mañá. A continuación, como vén sendo costume, as bandas de música “Artística de Arcade” e “Cultural de Arcade” exhibirán os seus dotes polas principais vías da poboación. Os seus clásicos temas populares encherán de alegría as rúas da vila á vez que servirán de reclamo para todos os veciños xa que, ao terminar as actuacións musicais, ás 13:00 horas, terá lugar a soada Lectura do Pregón, que este ano correrá a cargo do coñecido actory humorista, Manuel Manquiña.
A festa terminará co último espectáculo musical de man da charanga NBA. Ademais, os nenos contarán cunha zona de xogos e atraccións inchables no recinto feiral, o que permitirá aos asistentes gozar desta festa en compañía de toda a familia.
Este domingo día 29 para empezar xa a promocionar a Festa da Ostra celebrarase a II Carreira Popular dá Ostra que reunirá a máis de 400 participantes e que percorrerán unha distancia de 6 km saíndo desde o Porto e o circuíto será urbano por distintas rúas de Arcade.




