spot_img
InicioBaixo MiñoA Feira do Viño do Rosal contará este ano cun servicio de...

A Feira do Viño do Rosal contará este ano cun servicio de autobús dende A Guarda, Tui e Baiona

Presentación Feria do Viño Rosal 2017Os 4.200 metros cadrados da rosaleira Praza do Calvario, acollerán un ano máis a Feira do Viño, que neste 2017 celebra a súa 25 edición.

Hoxe o Lagar de As Eiras acolleu a presentación da edicíon nº 25 da Feira do Viño do Rosal  (datas 14-15-16 de xullo) e da I Feira do Mirabel ( a celebrar o 30 de xullo). O alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández, a concelleira de Cultura, Charo Tabales, o concelleiro de Deportes, Ángel Martínez e a pregoeira Rosa Ruiz.

Presentación Feria do Viño Rosal 2017Dende o venres 14 de xullo até o domingo 16 os visitantes terán a posibilidade de degustar os mellores caldos das adegas da zona. O evento contará coa presenza de expertos e profesionais que salientarán as bondades gastronómicas destes produtos de excelencia baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas. Música, teatro, danza e deportes populares poñerán as cores locais a esta festa da vitivinicultura galega.

Participarán diez bodegas e seis restaurantes que ofertarán a gastronomía propia da zona

Nomeada Festa Turística de Interese pola Xunta de Galicia, a feira contará cun servizo de transporte en autobús que facilitará a chegada de visitantes dende A Guarda, Tui e Baiona. Para os máis pequenos, haberá ocio e diversión con inchables e obradoiros gratuítos.

A inauguración terá lugar ás 20 horas do día venres por parte do Presidente do Consello Superior de Deportes, José Ramón Lete Lasa. A continuación a adegueira Rosa Ruíz Puga desenvolverá o pregón que dará inicio ás actividades que durante tres xornadas darán vida á  feira.

O día do peche final está programada unha andaina de 10 Km e unha carreira con igual distancia para nenos e adultos. Actividade aberta, na que o público interesado en participar deberá facer unha previa inscrición na web www.10korosal.com .

 

RELACION DE PARTICIPANTES FEIRA 2017

  1. Pedregales
  2. Gaudila
  3. Altos de Torona
  4. Gran Novás
  5. Quinta Couselo
  6. Santiago Ruiz
  7. Lagar de Cervera
  8. Valmiñor
  9. Terras Gauda
  10. A Rosaleira
  11. Ginabelle
  12. Pazo Valdomiño
  13. Cazapitas
  14. Mirabel do Rosal – Alén do Val
  15. Consello Regulador e Ruta do Viño Rias Baixas

EXPOSICIÓNS do 14 ao 25 de xullo na Sala de Exposicións do Concello e local anexo.

HORARIO:

De luns a venres: de 11:00 a 13:00 horas

Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:00 e de 20 a 22 horas

Mostras de Escultura, Pintura, Fotografía e Carteis anunciadores destes XXV anos de Feira.

XIV Mostra Numismática e Filatélica do Grupo “Val do Rosal” que este ano en conmemoración da XXV edición da feira do viño editaron un matasellos e sello para a ocasión. Alfonso (986 625682 e 659298335)

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.