·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoFeijóo visita a aula Ponte Internacional do Colexio Rural Agrupado (CRA) Mestra...

Feijóo visita a aula Ponte Internacional do Colexio Rural Agrupado (CRA) Mestra Clara Torres de Tui

Feijóo visita a aula Ponte Internacional do Colexio Rural Agrupado (CRA) Mestra Clara Torres de TuiO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou as Escolas de Educación Infantil e os Colexios Rurais Agrupados (CRA) como exemplo do compromiso cun sistema educativo galego de calidade, plurilingüe e coas novas tecnoloxías como ferramenta imprescindible na formación e na aprendizaxe.

Nesta liña, referiuse ao CRA Mestra Clara Torres de Tui, que acaba de recibir o Premio Fundación Princesa de Girona como mellor escola de España, como unha proba máis da aposta dos centros do rural polo desenvolvemento do talento e a innovación educativa en favor dunha sociedade máis xusta. Tamén aproveitou para lembrar a figura de Clara Torres que dá nome a este centro, foi a primeira muller mestra de Areas e ademais fundou o primeiro CRA de Galicia.

Ademais de ser un centro plurilingüe, este colexio destaca por que a biblioteca escolar xoga tamén un papel fundamental como espazo de aprendizaxe e de creación. Non en van, participa en case todos os proxectos impulsados ao abeiro do Plan de mellora de bibliotecas escolares (Plambe), entre os que destacan: o proxecto Radio na Biblio; o programa Biblioteca Solidaria, dirixido a promover as bibliotecas inclusivas, que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento; ou a iniciativa Biblioteca Creativa, que busca estimular a iniciación do alumnado de infantil e primaria no campo da robótica e na linguaxe de programación.

Acompañado polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, Núñez Feijóo puxo en valor o papel dinamizador e de cohesión do territorio que exercen as escolas de Educación Infantil e os CRA.

Ao longo da súa intervención, Feijóo puxo en valor o papel dinamizador e de cohesión do territorio que exercen as Escolas de Educación Infantil e os CRA. Así, os colexios rurais agrupados xurdiron coa idea de superar o illamento dalgunhas escolas unitarias e, no actual curso 2020-2021, a Comunidade conta cun total de 26 CRA: 12 na provincia da Coruña, 12 na provincia de Pontevedra e 2 en Ourense, que educan a 1.900 nenos de infantil e a 300 de primaria.

O presidente da Xunta aproveitou a súa visita á aula Ponte Internacional do centro para resaltar e agradecer o esforzo adicional do conxunto da comunidade educativa -docentes, equipos directivos, alumnos e familias- para facer fronte á pandemia.

Un esforzo que se suma ás medidas postas en marcha neste eido pola Administración autonómica, como: o reforzo do profesorado, con 2.300 profesores máis neste curso; e o reforzo dos recursos -162 millóns de euros-; a elaboración dun Plan de continxencia do ensino semipresencial e non presencial; ou a blindaxe das axudas ás anpas para o servizo de comedor escolar.

Novo informe PISA

Por último, Feijóo puxo de relevancia os resultados do informe PISA que vén de facer públicos a OCDE e que, por primeira vez, analizan a preparación dos nenos non só en competencias como matemáticas, ciencias ou lectura, onde Galicia é líder, senón tamén en valores transversais igualmente importantes para o desenvolvemento persoal e profesional, como son o respecto polas persoas doutras culturas ou a igualdade.

A nosa Comunidade obtén unha puntuación de 520 puntos, situándose por riba da media de España (512) e dos países da OCDE (499). Así, Galicia está nos postos de cabeza en cuestións como o respecto por persoas doutras culturas, en actitudes máis positivas cos inmigrantes e no coñecemento e información sobre igualdade.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies