spot_img
InicioGaliciaFeijóo refírese ao emprendedor galego como un dos grandes artífices da nova...

Feijóo refírese ao emprendedor galego como un dos grandes artífices da nova Galicia que se atreve a investir, a arriscar, a diversificar e a acertar

Feijoó.jpg1O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ao emprendedor galego como un dos grandes artífices da nova Galicia que se atreve a investir, a arriscar, a diversificar e a acertar. “Cada iniciativa que se culmina é unha mensaxe que lle di á sociedade que somos un pobo gañador. E mesmo as iniciativas que non frutifican transmiten a idea fundamental de que sempre hai que intentalo, superando ese nefasto medo ao fracaso que é a mellor forma de non ter nunca éxito”, aseverou.

Afirma que a baixada do paro en máis de 7.780 persoas no pasado mes de maio, “fainos pensar que os emprendedores están recuperando a confianza e están volvendo contribuír a crear postos de traballo, que é o que todos desexamos”

Durante o almorzo informativo organizado por Nueva Economía Fórum, onde presentou o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño, Feijóo afirmou que a confianza empresarial é un índice inequívoco da confianza na propia Comunidade porque os proxectos empresariais non son momentáneos, fugaces ou efémeros, senón que teñen ambiciosos horizontes temporais. E, neste sentido, asegurou que “esa é a razón pola que os datos do paro que se coñeceron onte nos alentan cara ao futuro”.

Asegura que a confianza empresarial é un índice inequívoco da confianza na propia Comunidade porque os proxectos empresariais non son momentáneos, fugaces ou efémeros, senón que teñen ambiciosos horizontes temporais
Feijóo-refírese-emprendedor-galego-grandes-artífices-nova-Galicia-atreve-investir-arriscar-diversificar-acertar“A baixada do paro en máis de 7.780 persoas no pasado mes de maio, especialmente nesta provincia de Pontevedra, o descenso en todos os sectores de actividade económica –incluído o colectivo de persoas sen emprego anterior- fainos pensar que os emprendedores están recuperando a confianza e están volvendo contribuír a crear postos de traballo, que é o que todos desexamos”, incidiu, logo de precisar que “hoxe podemos dicir por primeira vez que Galicia ten menos paro que hai catro anos”.
Sostén que a política ten o deber de proporcionar ao mesmo tempo esperanza e solucións; e salienta que se se acerta con esa combinación, “as encrucilladas que afrontan Europa, España e Galicia, poderán superarse sen trastornos para o sistema democrático e o benestar”
Ao longo da súa intervención, o responsable autonómico referiuse a José Manuel Fernández Alvariño como unha confirmación do vigor empresarial que empeza a rexurdir en Galicia. “A Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Cámara de Comercio de Vigo, a Asociación de Tallares da provincia de Pontevedra, a Asociación de Empresarios da Automoción, Faconauto, o Club Financeiro de Vigo, a propia CEOE e, por suposto, a Confederación de Empresarios de Galicia, teñen a súa impronta”, dixo, ao que engadiu que Alvariño é desa clase de persoas que posúen a virtude de catalizar proxectos colectivos.

Así mesmo, aseverou que na figura do presidente dos empresarios galegos dáse un compendio de idealismo e realismo que explica a súa traxectoria. “Na base de todas as grandes aventuras empresariais danse aspectos visionarios, intuicións xeniais e unha capacidade de anticipación que non está ao alcance de calquera. Mentres que o teórico se queda nesa fase, o gran emprendedor adapta a intuición ás condicións reais”, afirmou.

Nesta mesma liña, subliñou que a misión do político actual non é moi diferente: “A política ten o deber de proporcionar ao mesmo tempo esperanza e solucións. Combinar as dúas virtudes é a mellor receita para tratar as doenzas da sociedade moderna. Se acertamos con esa combinación, as encrucilladas que afrontan Europa, España e Galicia, poderán superarse sen trastornos para o sistema democrático e o benestar”, concluíu.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.