spot_img
InicioGaliciaA conselleira de Medio Ambiente subliña a importancia da inminente concesión da...

A conselleira de Medio Ambiente subliña a importancia da inminente concesión da carta europea de turismo sustentable ao Parque Nacional das Illas Atlánticas

conselleira-Medio-Ambiente-subliña-importancia-inminente-concesión-carta-europea-turismo-sustentable-Parque-Nacional-das-Illas-AtlánticasA conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, que acudiu hoxe á illa de Ons con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o vindeiro venres, día 5, salientou a importancia de que o Parque Nacional das Illas Atlánticas poida conseguir a carta europea de Turismo Sostible, un recoñecemento que acredita a implicación de empresas, asociacións e administracións no obxectivo dun turismo respectuoso.

Vázquez remarca o traballo feito para incluír as Illas Cíes na rede de humedais protexidos declarados como Sitio Ramsar
Vázquez remarcou tamén o traballo feito para incluír as Illas Cíes na rede de humedais protexidos declarados como Sitio Ramsar, unha declaración que xa está próxima.
Destaca ademais o esforzo que se está a facer para que este espazo natural sexa recoñecido Sitio Starlight non sei que polas súas cualidades excepcionais para a contemplación das estrelas e do firmamento

Ademais, a Conselleira de Medio Ambiente valorou o esforzo que se está a facer para que o Parque Nacional sexa recoñecido Sitio Starlight, unha declaración avalada pola Unesco, que colocará as Illas Atlánticas como un destino turístico que reúne cualidades excepcionais para a contemplación das estrelas e do firmamento; ou a aposta por conseguir para este espazo natural a carta europea de Turismo Sostible, un recoñecemento que acredita a implicación de empresas, asociacións e administracións no obxectivo dun turismo respectuoso.

Pon en valor os traballos de control da vexetación alóxena e para a conservación de anfibios en Ons

Ethel Vázquez, acompañada pola directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, e o alcalde de Bueu en funcións, Félix Juncal, visitou tamén o Centro de Interpretación da Illa, co fin de coñecer máis de cerca os traballos de control de vexetación alóctona ou de conservación de hábitats de anfibios.

A visita da conselleira ao Parque nacional forma parte das actividades organizadas polo Goberno galego para celebrar durante toda esta semana o Día Mundial do Medio Ambiente

Cámping en Chan da Pólvora
Por outra banda, Ethel Vázquez supervisou hoxe as obras que se están a realizar para a construción do cámping en Chan da Pólvora, unha zona que, tradicionalmente, vense utilizando para a acampada dunha forma non regulada. Por iso, Vázquez explicou que “dende o Goberno galego decidiuse construír un cámping dotado de todos os equipamentos necesarios para ofrecerlle aos usuarios un mellor servizo e que tamén garantirá que esta actividade se realice conforme a principios de sustentabilidade ambiental”.

Con esta visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, concretamente, á Illa de Ons, pódese certificar que, “a día de hoxe, as obras desta instalación están en plena execución e avanzan a bo ritmo”, remarcou. A responsable de Medio Ambiente do Executivo autonómico subliñou que “o noso obxectivo é que o cámping da Illa de Ons, con capacidade máxima para arredor de 275 persoas, poida estar en funcionamento xa neste verán, concretamente no mes de xullo, tal como indican os técnicos”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.