Inicio Galicia Feijóo reafirma o compromiso coa feira internacional Conxemar

Feijóo reafirma o compromiso coa feira internacional Conxemar

Feijóo reafirma o compromiso coa feira internacional Conxemar Salienta que os datos de facturación proban que Galicia conta cun sector tamén máis competitivo: no caso da conserva, a facturación aumentou case un 14% nos últimos dous anos; e o conxelado medrou tamén en case un 20%

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reafirmou hoxe o compromiso coa feira internacional Conxemar, cuxo éxito, aseverou, inspira, ano tras ano, ao sector a seguir crecendo a través da internacionalización e o valor engadido.

Durante a inauguración da feira Conxemar 2019, Feijóo incidiu na importancia de eventos coma este -que, o pasado ano, contou con máis de 740 expositores, procedentes de 48 países e con preto de 35.500 visitantes-, para que o sector pesqueiro galego poida demostrar os importantes avances dos últimos anos e que implican que a marca Galicia na pesca suma.

Ao respecto, lembrou que o sector exporta máis ca nunca, superando a barreira económica dos 2.200 millóns de euros nos produtos do mar, cun aumento económico, ademais, do 70% nos últimos dez anos. E, tamén traspasou a barreira das 600.000 toneladas, cun aumento nesta variable do 27% na última década.

“Deste xeito, os nosos produtos seguen conquistando novos mercados e poden mercarse en 121 países”, dixo, subliñando que Galicia é a décima exportadora mundial de produtos de pesca.

Nesta mesma liña, subliñou que os datos de facturación proban que Galicia non só conta cunha pesca máis internacionalizada, senón cun sector tamén máis competitivo. Así, no caso da conserva, a facturación aumentou case un 14% nos últimos dous anos; e o conxelado medrou tamén en case un 20%.

Un aumento nas cifras que, segundo precisou o titular da Xunta, ten moito que ver co incremento no valor engadido xa que, se hai unha década o prezo medio por quilo era de 3 euros e medio, hoxe, raia os 5 euros por quilo, isto é, un aumento do 40%.

O responsable do Goberno galego animou ao sector pesqueiro a, xuntos, seguir apostando pola mellora das estruturas da cadea mar-industria, pola mellora da competitividade e pola remuda xeracional, así como a continuar traballando por defender e consolidar a nosa actividade pesqueira.

Así mesmo, incidiu na importancia de estar presentes nas principais feiras de produtos alimentarios en xeral e, principalmente, nas de pesca que levan ao sector a lugares como Boston ou Hong Kong.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies