spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoFeijóo afirma que David Cal representa os mellores valores de Galicia e...

Feijóo afirma que David Cal representa os mellores valores de Galicia e propón buscar fórmulas de colaboración para contar coa súa experiencia no futuro

Feijóo-afirma-David-Cal-representa-mellores-valores-Galicia-propón buscar-fórmulas-colaboración-para-contar-coa-súa-experiencia-uturoO presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que David Cal representa os mellores valores de Galicia e propuxo buscar fórmulas de colaboración para contar coa súa experiencia no futuro.

Durante a entrega do galardón MARCA leyenda ao deportista, Feijóo lembrou que os galegos celebramos co piragüista cangués cada un dos seus éxitos como se foran de todos: cinco medallas olímpicas, cinco no campionato mundial e outras cinco nos europeos.

Destaca o espírito de superación, de loita e de constancia do piragüista

Ao longo da súa intervención, o responsable autonómico fixo fincapé en que Galicia non quere nin pode prescindir da súa experiencia, destacando o espírito de superación, de loita e de constancia do piragüista.

Feijóo concluíu felicitando a David Cal por todos os seus éxitos e recoñecendo a súa valentía non só en cada proba deportiva á que se ten enfrentado senón tamén para saber cando tiña que irse.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.