spot_img
InicioGaliciaA Xunta aposta por facer da Eurorrexión un espazo común de investigación...

A Xunta aposta por facer da Eurorrexión un espazo común de investigación innovación e emprendemento

Iacobus-Xunta-aposta-facer-Eurorrexión-espazo-común-investigación-innovación-emprendementoO vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na presentación da terceira convocatoria do Programa de cooperación interuniversitaria da Eurorrexión, ‘Iacobus’, por parte da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal (AECT).

No acto tamén participaron a directora da AECT, María Geraldes, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e o presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte, Emídio Gomes.

O ‘Iacobus’ xa beneficiou a preto de 240 persoas, favorecendo áreas tan estratéxicas para Galicia e o norte de Portugal como a saúde, as TIC ou a enerxía

Rueda destacou o éxito do ‘Iacobus’, que nas dos edicións anteriores xa beneficiou a preto de 240 persoas, contribuíndo a facer da Eurorrexión un espazo común de investigación, innovación e emprendemento, especialmente en áreas tan estratéxicas como a saúde, as TIC e a enerxía, entre outras.

Un programa pioneiro en Europa
O ‘Iacobus’ é un programa de cooperación cultural, científica e pedagóxica da Eurorrexión, pioneiro en Europa e que se finanza grazas a unha contribución da UE, a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal (POCTEC).

A AECT lanzou a súa primeira convocatoria en xullo de 2014, tres meses despois da sinatura dun protocolo entre os centros de Ensino Superior da Eurorrexión, en Vigo, nun acto no que tamén participou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Nesa primeira convocatoria aprobáronse 118 candidaturas, das que 72 eran galegas e 46 portuguesas. 73 candidaturas eran de para persoal docente, 30 para investigadores e 15 para persoal de administración e servizos, PAS, incluíndo practicamente tódalas áreas científicas.

A segunda convocatoria presentouse en novembro de 2014 e contou con 119 seleccionados, 67 provintes dsa universidades galegas e 52 de Portugal. Como na primeira convocatoria, houbo unha grande diversidade de beneficiarios: 64 docentes, 24 PAS e 31 investigadores, algúns deles alumnos de terceiro ciclo ou bolseiros post-doutorais.

Once centros de ensino conectados
O programa ‘Iacobus’ pretende fomentar a cooperación e a mobilidade académica no espazo universitario luso-galaico, apostando polo desenvolvemento de proxectos formativos e de investigación científica comúns. Trátase dun proxecto de formación continua que xunta once institucións de ensino superior de Galicia e o Norte de Portugal.

Así, poden participar nel o persoal docente e investigador universitario e os PAS das tres universidades galegas; as portuguesas de Porto, do Minho, Trás-os-Montes e Alto Douro e Católica Portuguesa; e os Institutos Politécnicos do Porto, Bragança, Viana do Castelo e o do Cávado e do Ave.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.