spot_img
InicioVal MiñorBaionaA exposición 'Á violencia de Xénero...DILLE NON!' chega a Baiona para concienciar...

A exposición ‘Á violencia de Xénero…DILLE NON!’ chega a Baiona para concienciar aos máis novos

exposicion-violencia-xenero-dille-non-chega-baiona-concienciar-aos-mais-novosA exposición ‘Á violencia de Xénero…DILLE NON!’, promovida pola Xunta de Galicia, chegou hoxe ao Concello de Baiona co obxectivo de impulsar a sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a mocidade.

A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, achegouse esta mañá ata o CPI Cova Terreña para inaugurar a exposición. Ao acto tamén asistiron o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a concelleira de Igualdade, Mª Carmen Paredes, quen destacou a importancia destas iniciativas dirixidas aos adolescentes, xa que constitúen un colectivo especialmente vulnerable e que se expón con maior frecuencia a esa nova forma de malos tratos a través das redes sociais e as novas tecnoloxías.

Pola súa banda o alcalde, Ángel Rodal, apuntou o necesario que é investir en formación e prevención para erradicar a violencia de xénero da nosa sociedade e apelou directamente ao alumnado como o protagonista para conseguir esta meta xa que eles son o futuro da nosa sociedade.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, animou aos presentes para poñerse “as lentes violetas” para ver ao outro como o temos que ver e como ten que ser: en igualdade entre todos.exposicion-violencia-xenero-dille-non-chega-baiona-concienciar-aos-mais-novos

Todos eles interviñeron ante a atenta mirada do alumnado de 1º e 2º da ESO, participante nos talleres de sensibilización e Prevención en Violencia de Xénero que a Concellería a Concellería de Igualdade, a través do CIM (Centro de Información á Muller) e a de Educación veñen desenvolvendo conxuntamente nos centros educativos co fin de concienciar e informar nas aulas ás xeracións máis novas sobre a importancia da igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

Apoiaron coa súa presenza ao acto a Subdirectora Xeral para o tratamento da violencia de Xénero, Belén Liste, a comisaria da exposición, Gemma Sesar, Yolanda Lesmes, Secretaria Territorial da Xunta en Vigo, a directora do CPI Cova Terreña, Isabel Martínez, a directora do CIM de Baiona Elena Otero, así como tamén representantes do ANPA, da Asociación de viúvas  ‘Mercedes de la Escalera’, da Asociación de Amas de Casa.

exposicion-violencia-xenero-dille-non-chega-baiona-concienciar-aos-mais-novosO CPI Cova Terreña acolle a exposición ‘Á violencia de xénero, dille non‘, unha iniciativa que chega a Baiona a través da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta para concienciar á mocidade sobre os “estereotipos tan nocivos” que embazan as relacións de parella, tamén na adolescencia e na mocidade.

Once paneis, de 70 x 100 centímetros, mostran a través dunha selección de fotografías unha realidade social que só pode ser freada a través dun rexeitamento colectivo. “Todas as formas de violencia de xénero aliméntanse do mesmo substrato: vos estereotipos caducos e vos mitos enganosos que a xente maior cre erradicados e que, desgraciadamente, a poboación máis nova parece estar reproducindo de maneira preocupante”, resume a introdución desta exposición.

Nos carteis reflíctense formas de exercer a violencia que case sempre lle pasan desapercibidos a quen a sofre e, nalgunhas ocasións, tamén a quen a exerce por tratarse dun modelo normalizado pola cultura e a sociedade que cala con forza na adolescencia.

‘Á violencia de xénero…dille non!’ pretende axudar á mocidade para recoñecer, identificar e rexeitar condutas nocivas como o control, a manipulación, o abuso, a ‘sextorsión’, a chantaxe emocional e outras formas de malos tratos.

Esta exposición enmárcase na programación deseñada pola Concellería de Igualdade con motivo das actuacións do Día Internacional da Violencia de Xénero, que en Baiona conmemórase este próximo venres 24 coa celebración dun acto ás 12.00 horas na praza do Concello e cuxo obxectivo, entre outros, será reivindicar, a responsabilidade que como sociedade compétenos, potenciando relacións desde o respecto, destacando o papel da muller na sociedade actual e a necesidade de articular políticas tendentes a garantir a igualdade entre homes e mulleres.

Mª Carmen Paredes, Concelleira de Igualade, presentará o calendario realizado en base aos traballos do alumnado de 6º de primaria de todos os centros educativos do municipio.

Este ano a concellería de igualdade centrou os actos e actividades do día 25 de novembro ao redor da mocidade ao entender como alicerce básico para erradicar a violencia a sensibilización deste colectivo, impartindo talleres tanto ao alumnado de educación primaria coa o da etapa de educación secundaria obrigatoria.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.