spot_img
InicioBaixo MiñoGran acollida do tradicional concerto de Santa Icía da Agrupación Musical de...

Gran acollida do tradicional concerto de Santa Icía da Agrupación Musical de Goián

gran-acollida-do-tradicional-concerto-santa-icia-da-agrupacion-musical-goianA Agrupación Musical de Goián vén de celebrar o seu tradicional concerto de Santa Icía, un ano máis cun éxito total de acollida por parte do público.

Un ateigado auditorio de Goián acolleu as actuacións da banda xuvenil e da propia agrupación coas que, baixo a batuta de Pedro Villarroel, fixeron un percorrido por algún dos musicais máis coñecidos da historia do cine.  O ‘Rei León’, ‘Grease’, ‘Chess’, ‘Elisabeth’ ou ‘Cats’ foron algúns dos acordes escoitados ao longo de preto de hora e media de espectáculo.

Baixo a batuta de Pedro Villarroel, os músicos percorreron algún dos musicais máis coñecidos polo público xeral

E como ven sendo tradición, tras o concerto a festa continuou coa tradicional cea de Santa Icía, na que a Agrupación Musical de Goián invita aos alumnos e alumnas da escola musical, así como ás súas familias, para unha xornada de convivencia e diversión. A actuación tamén contou cunha nova edición dos premios AMG, nos que, a través do humor, se recordaron algúns dos momentos máis relevantes do ano para a entidade.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.