spot_img
InicioVal MiñorGondomarA exposición monográfica do Pastor Alemán volverá a Gondomar no 2018

A exposición monográfica do Pastor Alemán volverá a Gondomar no 2018

A Delegación galega do Real Club do can Pastor Alemán manifesta o seu interese en realizar en Gondomar a exposición do 2018, durante o mes de setembro.

Os organizadores destacan, nun escrito que nos ten remitido,  tanto a colaboración do Concello, especialmente da Concellería de Turismo, como o éxito de público.

Para o afamado Xuíz D. Ignacio Blat, a monográfica de Gondomar foi a mellor organizada de todas as que participou durante o 2017 en toda España.

Tamén os participantes, chegados de distintos lugares da Península Iberica ou de Europa, outorgaron unha puntuación máxima de 10 puntos sobre 10 posibles nos seguintes apartados: Campo de competición, entorno, Vila de Gondomar, restauración, hostelaría, atención e acollida tanto a competidores como a acompañantes….

Para o concelleiro de Turismo e Comercio de Gondomar, “é unha grande satisfacción poder atraer unha actividade de excelencia a nosa Vila, e poder cumprir os seguintes obxectivos: proxectar  a Vila de Gondomar por toda a península e no exterior, atraer a novos visitantes que demandan e precisan servicios na nosa vila de restauración, hostelaría, comercio etc”

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.