spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona celebra o Día da Hispanidade cunha chamada á unidade

Baiona celebra o Día da Hispanidade cunha chamada á unidade

baiona-celebra-dia-da-hispanidade-cunha-chamada-unidadeA presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, pronunciou este xoves, nos actos institucionais do Día da Hispanidade en Baiona, un discurso no que fixo unha férrea defensa da Constitución española e das leis como “os instrumentos que poñen os  límites aos totalitarismos e os únicos que temos para a igualdade, para a cohesión e o desenvolvemento económico e social”.

A Presidenta da Deputación pechou os actos nos que interveu a tenente de alcalde, María Iglesias, e o cónsul de Chile en Vigo, Manuel Dopico. Como en anos anteriores, tamén tivo lugar unha ofrenda floral no monumento Encontro entre dous Mundos.

Na súa intervención, Iglesias aludiu aos “tempos convulsos” que xeran aqueles que poñen en dúbida a lei e a Constitución. Por iso, “nada mellor que a Festa Nacional de España, para reivindicar a unidade de todos os demócratas ante o desafío soberanista”.

Pola súa banda, Carmela Silva sinalou que “non son tempos de avivar as fogueiras. Son tempos de reflexión, de argumentos racionais e de defender ao conxunto do país que é o mesmo que defender a Cataluña. É tempo de pensar nas persoas e non nos territorios”. A presidenta da Deputación, que citou a Kennedy ao lembrar que “ningún home, muller o multitude por moito que berre está por riba da lei”, avogou por una solución ao conflito catalán pero unha vez que se restitúa a legalidade. “O diálogo tense que dar, pero cando estea asegurado o respecto ao Estado de Dereito. Teremos que cambiar, teremos que construír un novo pacto de convivencia pero terémolo que facer xuntas e xuntos. Teremos que dicirlle ás novas xeracións que é posible restituír o que se tense rachado, que ese pacto foi posible no setenta e oito, e que agora tamén o é. Que precisamos de altura de miras para volver a tender pontes pero, iso si, defendendo primeiro o estado de dereito que é o único garante da democracia. Para isto necesitamos illar aos extremos e que unha gran maioría únase para buscar unha solución consensuada unha vez que haxamos restablecido a legalidade”.

A presidenta da Deputación mostrou o seu total apoio ás forzas e corpos da seguridade do Estado “os garantes de que as leis que nos demos todas e todos se cumpran”, e pediu aos gobernos “que son os responsables de solucionar esta difícil situación, que non os poñan en situación de indefensión porque eles e elas están ao lado da defensa da democracia, e por iso teñen o meu agarimo e o meu respecto”. Tamén tivo un recordo para o Capitán do Exército do Aire, Borja Aybar, falecido hoxe en Albacete.

Carmela Silva rematou o seu discurso “facendo un chamamento á calma, á serenidade, á reflexión, á unidade, para evitar situacións que xa vivimos, e que por desgraza xa coñecemos en Europa e en España.  Non é hora de tentar sacar réditos políticos, o que sería unha enorme irresponsabilidade. É hora de falar de solucións e hainas. Fomos capaces de facelo na historia. América e Europa soubérono facer en épocas moi duras, de grandes conflitos. Hoxe tamén seremos capaces”, dixo.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.