O Sexto Edificio acolle a exposición “Da vida á morte no Antigo Exipto” do 10 de xullo ó 5 de octubro.
As 132 pezas expostas pertencen a unha das coleccións máis prestixiosas sobre o Antigo Exipto, a do Museo Egizio de Florencia. A maioría destas pezas foi recollida pola expedición científica que visitou o país do Nilo entre 1828 e 1829.
Con esta exposición os visitantes internaranse nunha das etapas e civilizacións máis admiradas e estudadas da historia a nivel mundial. Todo o referente ó Antigo Exipto merece ser descuberto: os seus deuses, os seus reis, a vida cotiá, a muller ou as crenzas sobre a morte.
A exposición conta coa dirección artística e museística de Francisco J. Martín Valentín e Teresa Bedman, director e xerente do Instituto de Estudios del Antiguo Egipto.
Esta exposición vai permitir ó visitante facer un percorrido polo mundo exipcio antigo, os sus deuses, os seus reis, a vida cotiá, a muller e as crenzas sobre a morte que tiñan os habitantes do País do Nilo
Está constituída por un conxunto de 132 pezas cedidas polo Museo Egizio de Florencia e conta coa dirección científica e museística de Francisco J. Martín Valentín e Teresa Bedman, director e xerente do Instituto de Estudios del Antiguo Egipto.
Gran parte das pezas que se exhiben foron levadas a Italia pola expedición científica enviada a Exipto desde o 31 de xullo de 1828 ó 27 de novembro de 1829, organizada baixo a protección do rei Carlos X de Francia e do Gran Duque Leopoldo II de Toscana, quen puxeron ó fronte da mesma a Jean François Champollion e a Ippolito Rosellini.
Os numerosos obxectos recollidos durante a viaxe, xa fora mediante a execución de escavacións arqueolóxicas, especialmente en Tebas, ou por compra ós comerciantes locais, dividíronse no camiño de regreso entre o Museo do Louvre en París e Florencia. Entre os moitos obxectos de gran importancia histórica e artística, é de destacar o fragmento de relevo da tumba de Sethy I, procedente do Val dos Reis.
Outras pezas proceden da colección Gran Ducal de Toscana formada desde o século XVIII. Tamén destacan pezas adquiridas por Ernesto Schiaparelli, o descubridor da Tumba da Raíña Nefertary, Gran Esposa Real de Ramsés II.
A exposición permanecerá aberta no Sexto edificio do 10 de xullo ó 05 de outubro
VISITAS GUIADAS
Haberá visitas guiadas os venres laborables ás 19 h e os mércores ás 12 h. Os interesados en asistir a estas visitas deberán inscribirse previamente en gabinetedidactico.museo@depo.es ou no teléfono 986 804 100 extensión 42413. Os grupos que se formen non superarán as 35 persoas.
- Horario: de martes a sábado, de 10:00 a 21:00 h; e domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 h (luns pechado)
- Visitas guiadas: os mércores, ás 12:00 h, e os xoves e venres, ás 19:00 h. Os interesados en asistir a estas visitas deberán inscribirse previamente en gabinetedidactico.museo@depo.es ou no teléfono 986 804 100, extensión 42413. Os grupos que se formen non superarán as 35 persoas
- Entrada libre e gratuíta



