A actividade, organizada polo Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo-A Guarda en colaboración co concello e a cofradía de pescadores La Anunciada, celebrarase o vindeiro sábado 30 ás 10.30 horas.
O vindeiro sábado 30 de agosto Nigrán acollerá unha xornada de sensibilización medioambiental no porto de Panxón a través da limpeza submarina do porto de Panxón. A actividade, organizada polo Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo A Guarda en colaboración co Concello de Nigrán, a Cofradía de Pescadores “La Anunciada” de Baiona, a Asociación de Redeiras Baixo Miño-Atalaya, a CEMMA, a Plataforma por la Defensa de la Ría de Vigo-Cíes, ADEGA y SOCOMGAL, dará comenzo ás 10.30 horas, estando aberta ao público.
Un grupo de buzos serán os encargados de examinar e percorrer o fondo mariño na búsqueda de lixo, artes de pesca abandonados, neumáticos e todos aqueles elementos e residuos presentes, que deben ser retirados do medio mariño.
Unha vez localizados, son amarrados cun gancho e un cabo que no outro extremo leva una boia, e que permanece na superficie marcando a súa posición. Tamén emplean uns sacos de rede para recoller botellas, latas e outros pequenos residuos que se atopan flotando no entorno mariño.
A continuación, a flota de barcos de apoio, formada por embarcacións de pesca e por outras pertencentes a diversos estamentos da administración, entrarán na zona de limpeza, localizan as boias, recollen os cabos e izan a bordo os residuos localizados e amarrados polos buceadores.
Os residuos e restos recollidos lévanse ao porto para a súa descarga, procédese á selección dos mesmos para o seu depósito nos contenedores adecuados para a súa reciclaxe, según o material recollido.
Un segundo equipo de participantes é o encargado de realizar as labores de recollida e recuperación da fauna mariña, principalmente invertebrados, que chegan adheridos aos residuos retirados do mar. Todos estos organismos mariños son introducidos temporalmente nun acuario, no cal, tanto o público como os participantes na limpeza os poden observar e coñecer e aprender diversos aspectos da bioloxía de estos animais, da man de monitores expertos na
materia, antes de que sean devoltos ao seu medio.



