Inicio Pontevedra Baixo Miño Expertos en turismo escollen Tomiño para traballar na creación dun dicionario especializado

Expertos en turismo escollen Tomiño para traballar na creación dun dicionario especializado

expertos-turismo-escollen-tomino-traballar-na-creacion-dun-dicionario-especializadoProcedentes de diferentes universidades españolas e coordinados por Rubén Lois, profesor de xeografía da USC, os investigadores traballarán até o domingo, analizando tamén as potencialidades do espazo transfronteirizo Tomiño-Cerveira

Once profesores de Turismo (todos xeógrafos) de diferentes universidades españolas (Madrid, Barcelona, Alicante, Sevilla, Mallorca, Málaga, etc.), acompañados por Rubén Lois (catedrático de Xeografía na USC), participan dende hoxe até o domingo dun encontro no Concello de Tomiño.

Trátase dun grupo de expertos que ademais de traballar en rede, fan encontros periódicos en novos espazos turísticos, non masificados. No caso de Tomiño, interésalles especialmente o territorio transfronteirizo e o clima.

O cometido é coñecer as novas tendencias en turismo, novos espazos non saturados, etc. para a creación do primeiro dicionario-manual de turismo en español e as outras linguas oficiais, destinado ao ámbito universitario e a profesionais especializados.

Na primeira sesión de traballo foron recibidos pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen lles deu a benvida e faloulles sobre as características da vila; os seus recursos e potencialidades económicos, naturais, etnográficos e turísticos.

 

 

- Publicidade -

1 comentario

Comments are closed.

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies