Inicio Alto Minho Este domingo celébrase a V Eurocidade 10 'dez kilómetros que...

Este domingo celébrase a V Eurocidade 10 ‘dez kilómetros que nacen cun espíritu solidario’

Presentación V Eurocidade 10 (Copiar)

Máis de 400 persoas son as que se agardan que participen este domingo na V Eurocidade 10, unha proba deportiva organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia e a Eurocidade Tui-Valença.  Serán dez quilómetros de percorrido por Tui e Valença, sendo un evento único nas súas características xa que percorre dúas cidades, dous países e atravesa unha ponte internacional, amais de atravesar  o conxunto histórico tudense e a fortaleza valenciana.

A saída e a meta estará no Paseo da Corredoira de Tui. Os máis de 400 participantes que se agardan completarán 10 quilómetros entre Tui e Valença

A presentación desta proba tivo lugar esta mañá na casa do concello de Tui por parte do concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, e o presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafael Pérez.

Laureano Alonso sinalou como esta proba é especial para el xa que o ano pasado foi á primeira a que asistiu xa coma concelleiro de Deportes. Expuxo coma este evento contribúe a dinamizar as dúas cidades e dalas a coñecer, e convidou ao público a presenciar a carreira.

O vereador de Desporto de Valença, José Monte, destacou o simbolismo desta proba que atravesa a vella ponte internacional e desexou que volva ser un éxito coma en edicións anteriores.

V Eurocidade 10 Cartel (Copiar)Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, fixo fincapé no privilexio que terán os participantes de correr por dous países e por zonas monumentais. Pérez tamén salientou  o espírito solidario deste evento xa que por unha banda encargaron os trofeos á asociación Avelaíña, “un privilexio, que marca a diferencia” e por outra 1€ de cada inscrición será entregado como doazón a asociación SOS Tomiño-Baixo Miño.

Entre as novidades deste ano está o establecemento de premios en metálico de 150€ € para o primeiro e a primeira clasificados absolutos, 100 € para o segundo e a segunda e 50 € para o terceiro e a terceira. Amais haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría tanto masculina coma feminina, e coma novidade tamén para os tres primeiros da Eurocidade homes e mulleres.

O prazo de inscrición está aberto ata este mércores, 8 de xuño, ás 23:59h a través de Championchipnorte. O prezo é de 4€, máis 1€ de aluguer do chip.

A saída e a liña de meta estará no Paseo da Corredoira. O percorrido irá pola rúa Augusto González Besada, Martínez Padín, Avenida de Portugal, cruzará a vella ponte internacional para facer un percorrido polo perímetro interior e polo exterior da muralla de Valença, regresará a Tui cruzando de novo a ponte, para pola beira do Miño achegarse ata os xardíns e rematar de novo na Corredoira.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies