spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorAs praias de Soutomaior xa están preparadas para o verán

As praias de Soutomaior xa están preparadas para o verán

Arcade-

O Concello de Soutomaior finaliza os traballos de preparación para o verán nas praias de O Peirao, Matilde, A Xunqueira e Veiguiña Longa. En total repuxéronse 1200 tm de area de río entre todos os areais municipais.

Durante as últimas semanas o Concello de Soutomaior estivo traballando nos catro principais areais do municipio para a chegada de período estival. Os traballos centráronse na reposición de area de río en varias praias e un intensivo programa de limpeza en todos os areais do municipio. A campaña de acondicionamento finaliza esta semana ao concluír os traballos de mantemento na pasarela de madeira de O Peirao.

Tras un duro inverno que azoutou Galicia durante meses as praias do Concello de Soutomaior xa están preparadas para o período vacacional. Cunha campaña de limpeza a man, operarios do Concello de Soutomaior retiraron esta semana os restos e sedimentos depositados polo mar durante o inverno. Principalmente artes de pesca abandonados, latas, bolsas e gran cantidade de residuos vexetais como algas e anacos de madeira. Os traballos non foron fáciles xa que moitos destes depósitos xa se atopaban semienterrados pola acción das mareas.

Na canle do río Verdugo, onde se asintan as praias fluviais da Xunqueira e Veiguiña Longa, a brigada municipal procedeu á recollida do material orgánico arrastrado polo río durante as abundantes choivas dos últimos meses e que impedía o pleno gozar da contorna. Ademais, para garantir o goce das praias durante o verán, enchéronse os areais cun total de 1200 toneladas de area fina de río. Unha medida que pretende compensar as grandes cantidades de area que as choivas e ventos deste inverno arrincaron das praias.

Ademais realizáronse diversas melloras nos accesos ás praias, especialmente no relativo a accesos para persoas con mobilidade reducida, e abríronse ao público os servizos da praia de Matilde.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, expresou a súa satisfacción ante a efectividade e prontitude dos traballos e indicou que estas actuacións repetiranse nos próximos meses coa intención de manter o bo estado das áreas recreativas durante o período estival, “Continuaremos executando cantas actuacións sexan necesarias para a limpeza e acondicionamento das praias de Soutomaior para que veciños e visitantes poidan gozar delas nas mellores condicións posibles”, afirmou o edil.

Estas actuacións confirman a aposta do goberno local na importancia das áreas recreativas municipais, e a súa incidencia na calidade de vida da comunidade, e súmanse ás xa realizadas durante anos anteriores como as melloras na seguridade viaria na estrada de Camboa e os accesos a Veiguiña Longa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.