spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaEspaña debuta en Redondela

España debuta en Redondela

España debuta en RedondelaA selección española de balonmán júnior, estrearase o sábado 13 de xullo (19:00 horas) en Redondela contra Chile. Será un partido amigable si, pero unha proba fundamental para o seleccionador Isidoro Martínez, xa que lle permitirá medir o nivel competitivo dos seus xogadores uns días antes do inicio do Mundial de Vigo e Pontevedra 2019.
 
A selección española forma parte do grupo A, mentres que Chile está encadrado no grupo D. Este choque tamén será unha magnífica oportunidade para que o público galego poida ver en acción aos hispanos. O acceso será gratuíto.
 
O combinado nacional, dirixido por Isidoro Martínez, chega mañá a Galicia para a disputa do Mundial, no que defende o título acadado hai dous anos en Arxelia. O combinado nacional de inicio é un dos favoritos para loitar polas medallas.
 
Ademais, ao día seguinte (domingo 14) tamén teremos a oportunidade de ver en acción a Xapón (que forma parte do grupo de España) e Arxentina (grupo D), que xogarán a partir das 11:00 horas no Pavillón Municipal “Manuel González Soto” de Chapela.
 
A federación Galega de Balonmán quere agradecer a boa disposición do Concello de Redondela, que dende o primeiro momento mostrouse absolutamente disposto a colaborar con nós para acoller estes dous partidos amigables, que serán o primeiro anticipo do Mundial.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.