spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Escola de Vela do MRCYB de Baiona, entre as mellores de...

A Escola de Vela do MRCYB de Baiona, entre as mellores de Galicia

escola-vela-do-mrcyb-baiona-as-mellores-galiciaA Escola de Vela do Monte Real Club de Yates de Baiona, atópase un ano máis, entre as mellores Escolas de Vela de Galicia, segundo os últimos datos publicados pola Federación Galega de Vela , relativos ao 2017.
 
Cunha puntuación total de 23.152 puntos, e só superada pola Escola de Vela do Real Club Náutico de Sanxenxo, a Escola de Vela do Monte Real sitúase en segunda posición e consolídase como un claro referente na formación velística en Galicia.
 
Ademais dos cursos de vela lixeira e vela cruceiro que ofrece ao público en xeral (non exclusivamente a socios), conta cunha das mellores Escolas de Vela Adaptada para persoas con discapacidade do noroeste peninsular, e das poucas que traballa ao longo de todo o ano.
 
A Escola de Vela MRCYB é, tamén, unha das dúas únicas escolas de Galicia homologadas pola Federación Galega de Vela.
Fuente//MRCY
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.