Inicio Pontevedra A Escola de Cantería participará na Feria de Ensinanzas Profesionáis e Artísticas...

A Escola de Cantería participará na Feria de Ensinanzas Profesionáis e Artísticas de Ponteareas

-escola-de-canteria-da-deputacion-de-pontevedra-amplia-o-prazo-de-matricula-de-novo-alumnadoA Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra será unha das protagonistas da Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas que terá lugar os días 5 e 6 de febreiro de 2018 en Ponteareas.

Durante estes días, as mozas e os mozos que acudan á feira, poderán coñecer de primeira man a oferta formativa deste centro educativo da institución provincial.

Máis polo miúdo, durante o 5 e 6 de febreiro de 2018 representantes da Escola de Cantería da Deputación darán a coñecer as ensinanzas que o centro oferta, é dicir, os títulos de Canteiro e Canteira e de Mestre Canteiro e Mestra Canteira ao alumnado de terceiro e cuarto da ESO e de primeiro e segundo de Bacharelato da comarca.  Para acadar estes títulos, amais de recibir formación para aprender a traballar a pedra e estimular a vocación artística, impártense cursos de modelaxe, escultura, debuxo técnico, debuxo artístico, historia da arte e construcción, así como prácticas de laboratorio e informática.

A formación que o alumnado recibe na Escola de Cantería é eminentemente práctica e así, moitas das súas obras de arte, como cruceiros, monolitos, conxuntos escultóricos, bustos, peanas ou construcións arquitectónicas están a ser situadas en lugares de Galicia, de toda España e tamén de Brasil, México, Arxentina, Panamá e Portugal. Ademais, antigos alumnos e alumnas están a traballar na restauración do Capitolio de Washington, a restauración do barrio de Chiado de Lisboa, traballos de rehabilitación da Catedral de Santiago, a construción da Sagrada Familia de Barcelona e tamén na Catedral de Westminster, de Londres.

Xunta á Escola de Cantería, participarán tamén na Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas o Conservatorio de Música de Vigo, a Escola de Música Mayeusis, o Colexio Marcote, a Escola de Moda Goymar de Vigo, Sanitec Vigo, a Escola Oficial de Idiomas de Vigo, a Escola Técnica de Xoiería de Vigo, o Centro de FP de Salvaterra, o Centro de Formación Profesional A Cancela, o Centro de Formación Profesional Pedra da Auga de Ponteareas, o Centro de Formación Profesional As Neves e CIFP Manuel Antonio de Vigo.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
274SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies