Inicio Pontevedra Vigo Campus do Mar e Adega chaman á participación cidadá para limpar unha...

Campus do Mar e Adega chaman á participación cidadá para limpar unha vintena de areais galegos

Co obxectivo de dar a coñecer a problemática ambiental do lixo mariño que afecta a todos os mares e océanos do planeta e contribuír a minimizar este impacto, Campus do Mar e o Centro de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo e Adega, organizan o vindeiro 11 de novembro unha limpeza simultánea nunha vintena de praias galegas, na que poden participar de xeito voluntario todas aquelas persoas que o desexen e que deberán inscribirse ata o 31 de outubro nos enderezos info@campusdomar.es e adega@adega.gal.

“Con esta proposta, Campus do Mar e o Centro de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo pretenden contribuír unha vez máis á concienciación sobre a importancia dos valores da nosa costa, a problemática dalgúns impactos antropoxénicos como son a contaminación mariña, as algas invasoras ou a alteración do ecosistema, así como promover as medidas que cada cidadán pode levar a cabo para minimizar estes impactos, ofrecendo os seus coñecementos o servizo das persoas voluntarias”, explican Antonio Villanueva e Alba Hernández, xestor e responsable de las actividades de divulgación del centro de investigación, respectivamente.

A actividade que se desenvolverá o vindeiro 11 de novembro acada a súa sétima edición, despois que Adega comezase a organizala no ano 2012.

Un novo protocolo de limpeza para as persoas voluntarias

As persoas que participen na limpeza dalgúns dos areais elixidos para desenvolver esta actividade recibirán un novo protocolo no que se explica de xeito sinxelo os pasos a seguir durante e despois da limpeza co obxectivo de realizar esta tarefa de xeito ecolóxico. Así, aconséllase durante a realización da limpeza a utilización de luvas e calzado para evitar feridas, a separación de diferente tipos de lixo para logo depositalos en cadanseu contedor ou non tocar os animais mortos. Logo da actividade o protocolo apunta que o lixo recollido debe ser pesado e estimado o seu volume, así como a realización dunha avaliación conxunta ou a preparación dun informe con imaxes.

Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos.

Desde o Centro de Investigacións Mariñas da Universidade apúntase á limpeza do 11 de novembro como “a primeira edición dun programa que pretende ser consolidado e ampliado nos vindeiro anos, nos que se buscará a participación cidadá na obtención de resultados sobre o estado da costa e a proposta de medidas que promovan unha xestión sostible dos ecosistemas e os recursos mariños”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies