spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaEntrega dos agasallos do sorteo "Tapearte A Guarda 2016" e diplomas do...

Entrega dos agasallos do sorteo “Tapearte A Guarda 2016” e diplomas do concurso á Mellor Tapa

entrega-dos-agasallos-do-sorteo-tapearte-a-guarda-2016-e-diplomas-do-concurso-a-mellor-tapa

No Salón de Plenos do Concello dde A Guarda tivo lugar a entrega dos agasallos ós participantes da ruta “Tapearte A Guarda 2016” gañadores do sorteo celebrado o pasado xoves entre todos os que  lograron selar, polo menos, 12 das 20 tapas que formaron parte da ruta gastronómica.

Parte dos premiados achegáronse ó concello para recoller os seus agasallos e aproveitaron para expresar a boa acollida que tanto comensais como hosteleiros deron un ano máis a esta iniciativa. Ademais tamén deron suxestións para mellorar, aínda máis, esta ruta en vindeiras edicións.

Os premiados no sorteo foron:

 Reloxos:

1- Mingos Portela

2- Luis Edu Castro

3- Edna Patricia Moreira

4- Juan Carlos Ozubko

5- Montse Pereira

Baterías portátiles:

1- Melita Dorna

2- Beatriz Estévez

Set de viños:

1- Lucía Lomba

2-Jose Pérez

3- Ada Estévez

4- Afonso Rodríguez

5- Jose Antonio Gil

Despois de dar os agasallos do sorteo procedeuse á entrega do diploma ó vencedor do concurso á Mellor Tapa, que recibiu a votación máis alta dada polos participantes, que foi para o restaurante La Pizzicata.

Tamén recibiron seu diploma os establecementos con maior número de votos, quedando empatados Alameda, Anabel e La Pizzicata.

Dáse así por concluída unha nova edición da ruta gastronómica “Tapearte A Guarda”, que cada ano vai ampliando a súa duración, a calidade das tapas e, sobre todo, a xente que se achega para probar as marabillas da cociña guardesa.

- Publicidade -spot_img