spot_img
InicioO MorrazoMarínEmotiva despedida ao comandante director da Escola Naval Militar, Ignacio Cuartero Lorenzo

Emotiva despedida ao comandante director da Escola Naval Militar, Ignacio Cuartero Lorenzo

Emotiva despedida ao comandante director da Escola Naval Militar, Ignacio Cuartero LorenzoO Salón de Plenos do Concello de Marín acolleu este mediodía un emotivo e íntimo acto de despedida ao actual comandante director da Escola Naval Militar, Ignacio Cuartero Lorenzo, que estivo presidido pola alcaldesa, María Ramallo, acompañada polo vicerreitor do Campus de Pontevedra da Uvigo, Jorge Soto.

Xunto a eles, quixeron despedirse de Cuartero e desexarlle o mellor representantes da Corporación municipal e de asociacións relacionadas coa sociedade, a cultura e o deporte de Marín.

“Non foi un mandato fácil”, declarou a alcaldesa nada máis comezar a súa intervención, “xa que todos os actos que teríamos que ter vivido e organizado foron freados por esta pandemia”. Así a todo, a rexedora quixo agradecer a Cuartero o seu labor fronte á institución castrense, “pola que traballaches para a súa modernización e adaptación”.

“Marín é para un marino un lugar especial, no que sentirse coma na casa”, incidiu Ramallo, que pediu a Cuartero que siga vindo a Marín e que non se olvide do noso municipio cando estea no seu novo destino, “para o que te desexo moita sorte”.

Emotiva despedida ao comandante director da Escola Naval Militar, Ignacio Cuartero Lorenzo

Pola súa banda, o comandante director saínte afirmou que a Escola Naval de Marín “é moito máis ca un centro de formación. É unha institución con entidade propia e moi querida por Marín” e recoñeceu que a pandemia foi unha tempestade na que lles tocou navegar, “pero esperemos que pronto amaine e a Escola poida seguir avanzando e traballando en devolverlle aos veciños de Marín todo o que nós recibimos deles”.

De feito, Cuartero enumerou de xeito xeral algunhas das actividades levadas a cabo grazas á colaboración entre a ENM, o Concello e as asociacións: campionatos, visitas, conferencias, carreiras populares, a entrada do tren do Nadal…

O mandatario asegurou sentirse en todo momento “acollido e protexido” e agradeceu “o cariño, a cercanía e a amizade recibida”.

- Publicidade -spot_img