A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, o concelleiro Adrián Pena, e o director do auditorio, Juan José Pérez, presentaron no Salón de Plenops do Concello a nova programación cultural para esta primavera no Auditorio Municipal “Xosé Manuel Pazos Varela”, na que o teatro, danza, música serán os principais protagonistas deste primer semestre do ano.
O cinema tamén ten o seu espazo -como sempre- e o Cine Club Cangas e o C.I. Muller Cangas, teñen programadas varias proxeccións ao longo do semestre.
O mes de xaneiro arranca hoxe ás 20,00h horas con a obra LAS CRIADAS, por Tearto del Norte. O Xoves 26 ás 20,00h o Ballet Clásico Internacional presta “EL CASCANUECES”.
Xa en febreiro, o día 4 ás 21,00h a compañía ON BEAT presenta: EL MUSICAL DE LOS 80s 90s. O sábado 11, ás 20,00h BC QUARTET en concerto. O venres 17 o Grupo Musico – Vocal MORNURA presenta: CONCERTO DE ENTROIDO.
Chega marzo e o día 4 ás 20,,0h a compañía REDRUM TEATRO presenta: HAMELIN (Espectáculo incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios). O sábado 11 ás 20,00h CHÉVERE presenta: N.E.V.E.R.M.O.R.E. A caixa negra do Prestige. (Espectáculo incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios). O sábado 18 de marzo ás 20.00 h.PEDRO VOLTA presenta: ILUSIONARTE. O sábado 25 de marzo ás 20.00 h. DE STE XEITO presenta: BACKUP A RESURRECCIÓN DE NUNO. (Espectáculo incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios).
Para o 1de abril esta prógramado FESTIVAL DE DANZA PAIS DE SAN ROQUE ás 20,,00h. O 15 de abril ás 20.00 h. TEATRO DO NOROESTE presenta: GLORIA NACIONAL (Espectáculo incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios). Venres 21 de abril ás 21.30 h. IM-PULSE presenta: PINK FLOYD Tribute. O sábado 22 de abril ás 20.00 h. a música e a danza serán as protagonistas do FESTIVAL SOLIDARIO ADICAM. E para finalizar a programación de abril e patrocinado pola Deputación, o sábado 29 de abril ás 21.00 h. Teatro: HABELAS HAINAS .
Maio chegará o sorpresa incluída, porque el día 6 está programado “un espectáculo moi potente que ainda non se pode revelar“. Ademais deste evento, serán protagonistas neste mes: X. A. TOURIÑÁN que presenta o sabado 13 de maio ás 20,00: AQUÍ TOU! e o mércores 17 ás 20,00h. o ACTO INSTITUCIONAL DE ENTREGA DOS PREMIOS DA CULTURA, que será entregados a:
Xohán de Cangas á Creación Artística / Literaria.
Xohán de Cangas ó labor Cultural.
Ignacio Cerviño á Recuperación / Promoción do Patrimonio.
E para finalizar, o mes de Xuño “está reservado para a veciñanza”. Así o sábado día 3 ás 21,00h., será o turno da MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR. O xoves 15 ás 20,00h., FESTIVAL ESCUELA DE BALLET Y DANZA ESPAÑOLA INÉS NÚÑEZ. O venres 16 ás 20,00h., CONCERTO DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE CANGAS, E ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL INOCENTES CAMAÑO. O sábado día 17 ás 20,00h., FESTIVAL ASPAMSIM. O mércores 21 ás 20,00h., CONCERTO DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE CANGAS, E ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL INOCENTES CAMAÑO. O venres 23 ás 20,00h., FESTIVAL ESCOLA DE DANZA MAITE QUIÑONES. E para finalizar, o día 24 da comezo a 40ª edición da MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO EFESTIVO DE CANGAS, que ten a súa propia programación ata o día 8 de xullo.
VENDA DE LOCALIDADES:
Anticipada:
As entradas poñeranse á venda na web de ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).
O mesmo día:
Despacho de billetes do auditorio, 2 horas antes do comezo do espectáculo.
Os patrocinados polo Concello de Cangas e a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), a prezos “populares” 5 e 8 euros e “de mercado” no caso de promotores privados.