spot_img
InicioBaixo MiñoDous remeiros do Club Remo do Miño Tui-Seta, concentrados co Equipo Nacional...

Dous remeiros do Club Remo do Miño Tui-Seta, concentrados co Equipo Nacional de Remo Olímpico

Dous-remeiros-Club-Remo-Miño-Tui-Seta-concentrados-Equipo-Nacional-Remo-Olímpico

Tanto David como Diego, culminaron o seu obxectivo que non era outro que despois de remar o campionato de España, o poder formar parte do equipo Nacional que ten tamén como obxectivo clasificar o máximo de embarcacións para as Olimpíadas de Rio de Janeiro 2016.

Primeiro obxectivo cumprido, agora toca o gañarse o posto nas embarcacións que remasen a clasificatoria no próximo campionato do mundo que se celebrase en Aiguebelette (Francia) entre o trinta de agosto e seis de setembro.

Dous-remeiros-Club-Remo-Miño-Tui-Seta-concentrados-Equipo-Nacional-Remo-Olímpico

Diego dás Dores farao no Dobre Scull Lixeiro, bote olímpico. A pesar da mocidade de Diego, (19 anos) ten a súa oportunidade por meritos propios. Aínda que sexa Sub-23, déronlle a oportunidade de gañarse a praza para o mundial lixeiro.

Dous-remeiros-Club-Remo-Miño-Tui-Seta-concentrados-Equipo-Nacional-Remo-Olímpico

David Prada no Oito con temoneiro absoluto, bote Olímpico, onde tamén están dous galegos, Jaime de Feixe e Óscar Alonso. Realmente unha embarcación con auténticos pesos pesados.

Galicia volve ter unha magnifica representación na selección Nacional, iso quere dicir que se está traballando ben e que hai grandes remeiros que a pesar da súa mocidade, teñen todo o futuro por diante.

Pena de non existir un proxecto deportivo para estes remeiros na nosa comunidade, xa que remeiros cun futuro inmenso teñen que emigrar para outras autonomías para poder facer remo de alta competición. O caso de Ismael Montes que sendo galego remo polos Labradores de Sevilla, Óscar Alonso que remo polo Náutico de Sevilla, Jaime de Feixe que remo por Orio, etc. Todos estes remeiros finalistas e medallistas mundiais. No caso de Jaime, Campión do mundo sub 23.

Tamén remeiros cunha proxección impresionante quedaron polo camiño como, Anna Yuchenco (campioa de España varias veces) Marta Cochón (tamén campioa de España), Alejandro Lomba (Subcampión do mundo), Rubén Castelo (finalista mundial) e así até un sen fin de grandes remeiros.

En definitiva, un premio para estes deportistas David e Diego, que se sacrificaron todo o ano para poder ver cumprido o seu obxectivo. Diego o alternar os adestramentos cos estudos e adestrar aos nenos, e David levando un negocio de hostalaría que compaxinaba cos adestramentos, sen tempo para poder tomarse un descanso como calquera rapaz da súa idade. Pero o remo é isto, sen sacrificio non hai triunfo. Non hai casualidades. Aquí ou che preparas para o triunfo (e aínda así non sempre se gaña), ou o fracaso.

Pero a quen realmente hai que dar as grazas é a MANOLO BERMUDEZ. Sen él isto non sería posible. Manolo que sacrifico dous anos da súa vida para vir desde Bañolas a Tui porque vía que aquí tenia materia prima (como dicía el) os remeiros. Pero que a nivel deportivo faltáballes unha orientación, e vaia que se lla deu. Xa que lles cambiou o concepto do que é o remo.

MANOLO BERMUDEZ participo en seis xogos Olímpicos e conseguiu tres diplomas. E os que o coñecemos de hai moitos anos, sabemos que foi o mellor remeiro de Couple do noso país.

- Publicidade -spot_img