spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación de Pontevedra e a Axencia de Turismo de Galicia promoven...

A Deputación de Pontevedra e a Axencia de Turismo de Galicia promoven o coidado do Camiño Portugués como o mellor embaixador das Rias Baixas

Deputación-Pontevedra-Axencia-Turismo-Galicia-promoven-coidado-Camiño-Portugués-como-mellor-embaixador-Rias-Baixas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, alcaldes de 12 concellos da provincia e presidentes das cámaras municipais de Portugal por onde pasa o Camiño Portugués, o presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Tino Lores, e técnicos da Xunta e da institución provincial celebración esta mañá a terceira reunión de traballo da mesa permanente desta ruta xacobea.

Na mesa de traballo celebrada esta mañá plantexouselle aos presidentes das cámaras portuguesas solicitar a declaración de Patrimonio da Humanidade á Unesco

Unha xuntanza “necesaria para seguir afondando na promoción do camiño portugués e sobre todo cos municipios do país veciño que teñen moito que dicir” para fortalecer esta ruta, segundo manifestou Nava Castro.

O camiño portugués é a ruta con máis afluencia de peregrinos despois da francesa. En 2014, 35.491 peregrinos chegaron a Santiago por este camiño e no que levamos de ano, xa empregaron a ruta portuguesa 16.757 romeiros

Rafael Louzán destacou que se ben, “esta ruta se encontra nun estado óptimo, estamos preocupados por reforzar a seguridade viaria e toca coordinar a labor que se quere facer para continuar nesta boa senda e favorecer unha maior afluencia de peregrinos”.

2ª ruta en afluencia de peregrinos
A directora da Axencia de Turismo de Galicia destacou que o pasado ano dos 237.000 peregrinos que chegaron a Galicia, 35.491 empregaron o camiño Portugués”. O 15´92% dos romeiros que se rexistraron na Oficina do Peregrino pero, aos que, segundo Nava Castro, hai que engandir aquelas persoas que fan o Camiño sen selar a Compostela, e que se cifran en torno a un 10% máis.

No que vai de ano, o Camiño portugués segue a consolidarse como a segunda ruta do Camiño de Santiago con maior afluencia de xente despois do Camiño Francés. “Levamos un 17% do global de peregrinos que chegaron a Galicia. 16.757 dos máis de de 101.000 que entraron en Santiago de Compostela”

Un incremento nos datos de afluencia que tamén se contabiliza nos albergues do Camiño Portugués que hai na provincia. Así durante o pasado mes de xuño pernotaron nos 10 aloxamentos públicos 5.960 persoas das 44.099 contabilizadas en toda a rede de albergues xestionados polo Xacobeo.

Declaración de Patrimonio da Humanidade
Rafael Louzán destacou que estas cifras avalan “a proposta de solicitar a Unesco que o camiño Portugués sexa declarado Patrimonio da Humanidade igual que o Camiño do Norte”. Unha iniciativa que tamén se lles trasladou aos presidentes e representantes das cámaras municipais de Portugal que participaron nesta reunión de traballo (Valença, Paredes de Coura, Ponte de Lima, Barcelos, Vila do Conde, Maia, Porto e Braga). Para solicitar esta declaración á UNESCO é necesario contar coa participación do país veciño xa que a petición debe facerse a nivel nacional.

O camiño portugués, embaixador das Rías Baixas
Asimesmo os responsables da Deputación de Pontevedra e da Axencia de Turismo de Galicia destacaron que nese obxectivo de consolidar o Camiño Portugués, incrementáronse as actuacións realizadas para a mellor conservación e mantemento da ruta. “Temos que estar coidar o Camiño porque cada peregrino que pase por el será o mellor embaixador das Rías Baixas polo mundo”, asegurou Rafael Louzán .

Deputación-Pontevedra-Axencia-Turismo-Galicia-promoven-coidado-Camiño-Portugués-como-mellor-embaixador-Rias-Baixas

A Deputación de Pontevedra investiu 1 millón de euros na realización de diversas obras de conservación, limpeza e sinalización do traxecto entre Tui e Pontecesures e designaráronse máis dun cento de operarios para mellorar a seguridade no Camiño.

Unha cuantía á que se suman os 239.000€ invertidos pola Axencia de Turismo noutras actuacións de mellora que tamén se van ampliar aos albergues. “Cabinas para os albergueiros, obras de mellora en Redondela, Valga, Porriño, Portas e Padrón, e estamos preparados a través do smart camiños dunha rede wifi gratuita e pública”.

A desta mañá, foi a terceira xuntanza realizada pola Mesa de Traballo do Camiño Portugués co obxectivo de seguir na senda de consolidar esta ruta dentro do Camiño de Santiago, cuxa afluencia de peregrinos aumenta ano a ano. Segundo os datos rexistrados dende a celebración dos últimos Anos Santos, dende a Asociación de Amigos do Camiño Portugués, manteñen que en 2021 entre 80.000 e 100.000 persoas poderían empregar esta para gañar o xubileo.

- Publicidade -spot_img