spot_img
InicioGaliciaDous ouros con acento galego na última xornada do Mundial de Canadá

Dous ouros con acento galego na última xornada do Mundial de Canadá

Dous ouros con acento galego na última xornada do Mundial de CanadáO mundial sprint 2022 será lembrado ao longo da historia por ser a competición con máis medallas españolas. A pista de Halifax convértese a partir deste intre en talismán para o piragüismo español

Revista COUSAS DE nº14

O estado de forma co que chegou Carlos Arévalo a esta competición, levoulle a gañar outra medalla de ouro no K1 200 metros.

O padeeiro de betanzos, que no día de onte proclamábase campión mundial no K4 500 metros, gañou a súa primeira coroa de campión do mundo individual, tras dominar a final cun rexistro de 36´´43 superando ao sueco Petter Menning e ao húngaron Kolos Csizmadia, segundo e terceiro.

A última final de medallas con presenza galega deste mundial, sería a de C4 500 metros na que participaban, Adrián Sieiro, Pablo Graña, Manuel Fontán e o balear Joan Moreno.

A embarcación española dominou a proba de principio a fin despois de impoñer un forte ritmo na saída. Coa vantaxe adquirida no inicio da proba, os catro españois sufriron ata o final para impoñerse de forma contundente aos seus rivais.

Os españois completaron os 500 metros no lago de Halifax cun tempo de 1:39.42 e deixáronlle a prata aos polacos (1:39.91) e o bronce aos ucraínos (1:40.52).

Ademais, os irmáns Noel e Diego Domínguez do Breogán, lograron un cuarto posto na final de C2 1000 metros, mentres que o asturiano do Kaiak Tudense Pedro Vázquez terminaba en oitava posición no K2 1000 metros.

Por último, o canoista do E.P. Ciudad de Pontevedra Pablo Crespo finalizou cuarto na final B de C1 1000 metros.

- Publicidade -spot_img