Inicio Vigo e área Redondela Doazón da Fundación Filomena Rivero aos clubs de lectura de Redondela da...

Doazón da Fundación Filomena Rivero aos clubs de lectura de Redondela da Biblioteca Municipal

Redondela - Doazón Filomena riveroA Fundación Filomena Rivero Alonsoa través do seu secretar, Telmo Crespo, fixo entrega esta mañá, en presenza de Julio Alonso, Concelleiro de Cultura, e de María Elena Becerra, bibliotecaria municipal, de dous lotes de libros destinados aos clubs de lectura de adultos da Biblioteca Municipal de Redondela.

A doazón está composta por trinta e catro exemplares de dous títulos de grande actualidade e de recoñecida calidade.

Este acto é o punto de partida para a programación que a Fundación Filomena Rivero levará a cabo, coa colaboración da biblioteca municipal, ao longo deste último trimestre do ano e que se dará a coñecer en próximas datas a través dos distintos medios de comunicación, cartelería e redes sociais.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies