O Concello de Cambados participa a finais de mes no Grand Pavois 2014, unha feira de industria náutica que se celebra en Francia e que pasa por ser das máis importantes de Europa no seu sector. O alcalde de Cambados, Luís Aragunde, e os presidentes de Portos (José Juan Durán) e Rías Baixas (Juan Gil) reuníronse onte no pazo de Torrado para perfilar algúns detalles do evento, no que Galicia compartirá espazo con outros 860 expositores de 35 países. Nesta feira hai 100.000 metros cadrados expositivos (dos que case a metade son á boia) e unhas 700 embarcacións, das cales 300 están no auga.



