Inicio Pontevedra UrbanBai-14. A combinación do deporte náutico , a música, os...

UrbanBai-14. A combinación do deporte náutico , a música, os deportes de inercia e a motor , encherán Baiona de espectáculo

Onte presentose en Baiona a primeira edición do UrbanBai, que en palabras Raúl Costas, concelleiro de Actividades Marítimas, nace ccoa idea de combinar a cultura urbana, os deportes de inercia, o espectáculo dos deportes a motor, o deporte naútico e a música. En declaracións á nosa revista , engadiu o seguinte:

“Nesta primeira edición o que queremos é que quede unha proba consultada; nesta primeira edición conseguimos chegar ao máximo tendo en conta o pouco espazo de tempo que tiñamos pola data do calendario para o campionato galego, queremos que isto creza.

Vimos traballando en todo isto desde o último descenso de carrilanas que se fixo no 2009. Son desas persoas, aos que lles gusta mirar para atrás e recuperar aquelas cousas que se facían ben e neste caso con axuda dos SOCALCOS esta asociación que participa moito en temas deportivos en Baiona, decidimos darlle para adiante e cun pouco máis de forma, co obxectivo de facelo crecer un pouco máis, non deixalo só no que tiñamos, tentamos crear con isto, un evento onde participen todas as culturas urbanas e que aos poucos irán asistindo e ademais démoslle este toque bonito do que é o motor, deporte que a todos nos gusta coa participación e a presentación de RC MOTORSPORT, escuadra que temos aquí en Baiona composta por pilotos locais e que normalmente están a correr o Campionato Galego e probas do Campionato Nacional, e de aí nace a idea.

A intención é darlle continuidade, os proxectos débense facer sempre a medio prazo, nunca te debes quedar coa primeira experiencia

Respecto das inscricións que houbo, estamos contentos, agora mesmo roldamos no descenso 60 inscritos (Carrilanas, Longboard, Sheleton, BTT, Drift Bike).) e segue aberto até o venres.
Posiblemente consigamos que sexa unha das probas do campionato galego con máis tirón.
É unha novidade para todos eles, que Baiona entre no circuíto. O percorrido, creo que cando menos é espectacular, co público moi encima do piloto e esperamos moita asistencia, o descenso pola estrada da Virxe da Roca, é algo que chama moito.”

 

A presentación foi celebrada na pista de skate do Aral e estiveron presentes o alcalde, Jesús Vázquez Almuíña, a Presentación UrbanBai-14concelleira de Deportes, María Jesús Martíns, o concelleiro de Actividades Marítimas, Raúl Costas, un dos organizadores do evento, José Antonio Ferreira, e o piloto de carrilanas Jacobo Bastos (fotografía inferior).
A iniciativa da Concellalia de Deportes e Actividades Marítimas conta co apoio da asociación deportiva e cultural Los Socalcos, e da coñecida empresa de eventos Arpa Gestión como organizadores do evento.

A idea é crear un novo evento que se consolide como referente na axenda social baionesa.

Nesta primeira edición, que se celebra este domingo día 7 de setembro, poderase gozar das seguintes actividades:

– Zona Rallye (Exposición) (Rúa Carabela Pinta).
– Zona de Grafiti. (Skate park).
– Zona de Exposición. (Rúa Carabela Pinta).
– Zona Skate (Skate park).
– Zona de Deportes Náuticos. (Carabela Pinta / Praia Ribeira).
– Campionato Galego de Deportes de Inercia. (Estrada Virxe da Rocha). (Descenso en Carrilanas, Longboard, Carrilana, JacoboSheleton, BTT, Drift Bike).
– Presentación do Equipo de Rallye baionés RC Motorsport/Internet Rural (Rúa Carabela Pinta).
– Exhibición de Quad. (Estrada Virxe da Rocha).
– Exhibición Karts Escuderia RC Motorsport/Internet Rural (Estrada Virxe da Rocha).
– Exhibición Mini Motos, Escola Jorge Lorenzo Pontevedra (Rúa Palos de la Frontera).

Debido á celebración do devandito evento aconséllase ao público o uso dos aparcadoiros fóra da zona de influencia e o acceso peonil á zona da proba.

ZONA EXPOSITORES
– Ciclos Palacios: exposición de bicicletas eléctricas, BTT e paseo
.- Waira: exposición de material para Surf, windsuf, paddel surf.
– Wetsport Ladeira: bautismos de mar (Praia Ribeira)
.- Eventum Discotecas Móbiles.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies