A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o expediente de contratación das obras de mellora e acondicionamento da estrada provincial 2302 Gondomar-Chaín-Morgadáns, que conta cun orzamento de 550.625,89 euros.
Os traballos incluirán a limpeza e rozado de marxes, o ancheamento da estrada e a creación dunha senda peonil, para mellorar a visibilidade e a seguridade viaria
Así mesmo, renovarase a pavimentación da vía e dotarase de sinalización horizontal e vertical, ademais de canalizar as augas pluviais e repoñer os diferentes muros e servizos afectados polos traballos.
Os traballos permitirán mellorar a visibilidade e facilitar o tránsito tanto de peóns como rodado, dado que se trata dun treito de estrada no que se carece de espazo para a circulación peonil, o que dificulta a mobilidade dos veciños e veciñas da zona.