Inicio Vigo e área Salceda de Caselas Despois de dous meses de intenso traballo remata en Salceda o programa...

Despois de dous meses de intenso traballo remata en Salceda o programa de promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero

Despois de dous meses de intenso traballo remata en Salceda o programa de promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de XéneroO Programa empezou en agosto e rematou o pasado 30 de setembro cunha reunión da alcaldesa Loli Castiñeira con Indalecio Cuevas, Presidente da Entidade Urbanística de Conservación de A Granxa, David Sobral, Xerente da Asociación de Empresarios/as de As Gándaras e Jorge Trigo, Director de RRHH de CEAMSA, á que acudiron 5 mulleres en representación das participantes.

O obxectivo da visita non foi outra que a búsqueda de acordos para tratar de insertar no mercado laboral ás mulleres en situación de vulnerabilidade.

Foron 150 horas de asistencia xurídica, psicolóxica, laboral e social acompañadas de itinerarios profesionais, 22 horas de talleres de autoestima, técnicas de búsqueda de emprego, habilidades dixitais, análisis da violencia de xénero e valorización dos coidados e encontros de avaliación.

As participantes do Programa, que nace con vocación de continuidade, foron mulleres vítimas de violencia de xénero, en situación de desemprego, traballadoras en actividades non remuneradas, inactivas ou xubiladas, inmigrantes e refuxiadas, pertencentes a etnias minoritarias, drogodependentes, mulleres que viven soas ou con cargas familiares non compartidas, mulleres con discapacidade e con outras situacións de vulnerabilidade.

Con elas se traballou transversalmente na prevención da violencia de xénero, o empoderamento e a empregabilidade a través de ferramentas e habilidades para facilitar a incorporación ao mercado laboral, mellorar a autoestima e a calidade de vida asi como a súa participación social e visibilidade.

Por outra banda, e durante a atención persoalizada nos itinerarios profesionais, traballouse con elas con ferramentas estructuráis para a orientación persoal e profesional.

Nesta última etapa do Programa, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo, tal e como sinalou a alcaldesa, o esforzo focalizouse na inserción laboral como un dos requisitos para o empoderamento de todas as mulleres, fundamentalmente as máis vulnerables e que levan anos fora do mercado laboral.

A predisposición dos representantes empresariais ante a posibilidade de poñer en marcha vías de colaboración para a inserción das participantes deste Programa foi total e tanto a alcaldesa Loli Castiñeira como Indalecio Cuevas, David Sobral e Jorge Trigo quedaron emprazados a traballar neste senso.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda e responsable da área de igualdade: “É un orgullo para nós poner en marcha un programa pioneiro coma este, en que por vez primeira se traballa nunha iniciativa co tecido empresarial dirixida ás mulleres máis vulnerables”

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies