Inicio Baixo Miño O Concello de Tui e o IKFEM agradecen con música aos voluntarios...

O Concello de Tui e o IKFEM agradecen con música aos voluntarios da COVID19 o seu labor

O Concello de Tui e o IKFEM agradecen con música aos voluntarios da COVID19 o seu labor O Concello de Tui e o IKFEM amosaron onte o seu agradecemento aos colectivos que dende o inicio da pandemia teñen colaborado co Concello en diversas facetas. O agradecemento chegou en forma de velada musical coa asistencia de 25 persoas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño e do Voluntariado da Caridade de San Vicente de Paul ao concerto inaugural que ofreceu no Teatro Municipal o Quarteto Contratempus.

Con este sinxelo xesto quíxose agradecer o importante labor realizado por estes e outros colectivos locais durante o confinamento e que continúa na actualidade.

Onte á noite previo ao concerto o alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto ao presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes, o director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo Lorenzo, a Deputada de Turismo e Xuventude, Ana Laura Iglesias, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, membros da corporación, e a directora do IKFEM, Andrea González, e outras autoridades presentes no teatro tudense compartiron uns momentos con estes voluntarios transmitíndolles persoalmente as grazas polo labor que realizan a diario e que nestes tempos de pandemia ten adquirido aínda maior importancia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies