spot_img
InicioVal MiñorGondomarDespois de case dous anos de laborioso traballo, a parroquia gondomareña de...

Despois de case dous anos de laborioso traballo, a parroquia gondomareña de Mañufe recupera o “Cruceiro do Acordo”

despois-de-case-dous-anos-de-laborioso-traballo-a-parroquia-gondomarena-de-manufe-recupera-o-cruceiro-do-acordoOnte día 19 de maio, despois de case dous anos de laborioso traballo e dun largo proceso para a súa recuperación e restauración, o “Cruceiro do Acordo” en Mañufe, xa luce no seu lugar.

O día 22 de novembro de 2015 un vehículo impactou contra o Cruceiro do Acordo. O impacto xerou un desprazamento do peto de ánimas e o banzo por embaixo deste último polo que rotou uns 30º. A valoración que se fai do estado de todo o conxunto é pésimo debido a cantidade de roturas que se atopan nos elementos e os propios movementos xerados polo impacto do vehículo.

Os traballos foron encargados ao restaurador Gonzalo Buceta, polo Concello de Gondomar a través da Concellería de Infraestructuras e Servizos Básicos dirixida por Iria Lamas Salgueiro. Os obxectivos propostos para esta intervención foron os seguintes:

  1. Garantir a preservación material do conxunto escultórico,
  2. Mellorar a lexibilidade do mesmo mediante un proceso restaurador que combine traballos de adhesión, montaxe, reintegración con recoñecemento das adicións e fixación das policromías.
  3. Documentación da totalidade dos traballos realizados.
  4. Redacción dun exhaustivo informe así como das necesidades de mantemento e conservación preventiva.

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.